La emigración gallega al Río de la Plata

La emigración gallega al Río de la Plata
Título: 
La emigración gallega al Río de la Plata
Autor: 
Samuelle Lamela, C.
Ano publicación: 
2000
Idioma: 
Castelán
Editorial: 
Xunta de Galicia
ISBN: 
84-453-2964-2

A autora, nesta obra froito da súa tese doutoral, afirma que: "A sociedade rioplatense actual sería impensable sen a presenza da comunidade galega. Pola súa banda, Galicia sentou as súas bases nese éxodo transoceánico, que ten tras de si múltiples biografías, esgazaduras e historias entrañables por rescatar e contar".

O traballo céntrase nos distintos aspectos do vivir das galegas e dos galegos no Río da Prata, especialmente aos referidos ao Uruguai, para ofrecer unha visión global do acontecer de todas e todos eles nos países máis atraentes, inicialmente e por longos anos, para aqueles e aquelas que miraron a sudamérica como o idóneo destino do seu trasterramento, por considerar, a teor das influencias persoais e directas ou pola capacidade de arrastre dos relatos que chegaban ata as súas aldeas e lugares de nacemento, no que era posible achar condicións para un cambio nas posibilidades vitais, coa esperanza de que unhas circunstancias laborais e económicas máis favorables das que se daban na súa terra de orixe, serían favorables á construción dun porvir mellor e máis próspero.

Aquí, en capítulos e páxinas, hai un percorrido socio-histórico, con detementos causais no tempo e con valoracións das características actitudinais adoptadas en cada momento, que reflicte, dende fontes informativas alleas e propias, directas ou non, a evolución das galegas e os galegos emigrados e das súas comunidades asociativas en Arxentina e Uruguai, coa particularidade de prestar a debida atención ás aspìraciones e realidades individuais e comunitarias.

1291 lecturas