Galleguidad en la Argentina

Galleguidad en la Argentina
Título: 
Galleguidad en la Argentina
Autor: 
Andrade Cobas, J.R.
Ano publicación: 
1999
Idioma: 
Castelán
Editorial: 
Xunta de Galicia
ISBN: 
84-453-2579-5

" [...] quero deixar ben establecido que non son investigador histórico nin experto en cuestións da emigración propiamente dita. A miña experiencia limítase a todo o aprendido durante case 50 anos de residencia na República Arxentina e ás circunstancias que me levaron a entrar en contacto coa colectividade española en xeral e particularmente a galega. Por iso expreso aquí as miñas opinións baixo un punto de vista persoal, que pode ou non axustarse ao rigor histórico ao que non pretendo cinguirme e que polo tanto poden ou non ser compartidas ou tomalas con todas as licenzas que sexan do caso. Este traballo é o froito desas experiencias e coñecementos, recollidos durante todos eses anos e o meu constante contacto e vinculación coas Institucións galegas da emigración,".

Nesta obra, habemos de advertir que han de apreciarse e, polo mesmo, agradecerse dúas virtudes ben manifestas: a sinceridade e a veracidade, tan evidentes, ambas as dúas na actitude persoal do autor, pois ao relatar as súas experiencias e opinións non renuncia aos seus particulares pensamentos nin oculta ou disimula as realidades que coñeceu directamente ou, cando non foi así, aquelas que repercutiron na súa aprendizaxe da verdade emigratoria percibida en personaxes e institucións con que mantivo contacto ao longo da súa dilatada e activa vida asociativa en Arxentina.

1188 lecturas