Galegos en América e americanos en Galicia

Galegos en América e americanos en Galicia. As colectividades inmigrantes en Amé
Título: 
Galegos en América e americanos en Galicia. As colectividades inmigrantes en América e a súa impronta na sociedade galega. Séculos XIX-XX.
Autor: 
Cagiao Vila, P. (Comp.)
Ano publicación: 
1999
Idioma: 
Galego
Editorial: 
Xunta de Galicia
ISBN: 
84-453-2437-3

A pretensión das páxinas desta obra é a de seguir botando luz sobre o fenómeno migratorio galego dende a dobre perspectiva de proceso que contribuíu tanto á transformación da historia de Galicia, coma á formación dalgunhas sociedades americanas. E isto faise ademais dende ópticas diversas, sobre distintos períodos cronolóxicos e partindo de variados tipos de fontes. Todas e cada unha das contribucións -baixo a exclusiva responsabilidade de cada autor ou autora dos distintos traballos aquí compilados- abordan o tema central da emigración/inmigración, que é o fío condutor destas, a través de diversos aspectos monográficos.

O primeiro bloque temático, "sobre a emigración galega", aínda que dende diferentes enfoques, toma América en xeral como destino, mentres que no segundo bloque abórdanse distintos aspectos dalgunhas das principais sociedades americanas receptoras da inmigración galega.

1930 lecturas