Autoconcepto en hijos de emigrantes

Autoconcepto en hijos de emigrantes
Título: 
Autoconcepto en hijos de emigrantes
Autor: 
Lobato Martínez, J.M.
Ano publicación: 
1999
Idioma: 
Castelán
Editorial: 
Xunta de Galicia
ISBN: 
84-453-3012-8

A partir do recoñecemento pola historiografía galega das últimas décadas do fenómeno da emigración como un factor crucial que inflúe nos cidadáns e as cidadás desta terra, converténdose nunha característica común da poboación galega ao longo da historia -e de forma moi acentuada no último século-, o autor considera que a personalidade das e os implicados, ten que verse afectada dalgunha forma.

Así, neste traballo buscou posibles influencias da emigración no colectivo fillos e fillas de emigrantes que, pola ausencia dun ou ambos os dous proxenitores, crecen baixo a custodia de terceiras persoas. En efecto, este estudo foi delimitado fundamentalmente, na análise do autoconcepto dos nenos e nenas con pais e nais emigrantes.

1198 lecturas