Ramón González

Filántropo entre Ribadeo e O Porriño
Ramón González

Pasou a súa infancia e xuventude na súa vila natal. Sendo moi novo estableceuse en Arxentina e traballou como comerciante en Rosario de Santa Fé, onde acumulou un importante capital. Membro sobranceiro da "Asociación de Socorros Mutuos" e da directiva do "Club Español", ambas sociedades na cidade de Rosario. Nesa mesma cidade foi Conselleiro da sucursal do "Banco Español del Río de la Plata" en Rosario. 

A principios do século XX voltou enriquecido ao seu pobo natal e promoveu a apertura de varias sucursais do Banco Español del Río de la Plata en Vigo y Santiago.

Tras regresar a Galicia asentouse no Porriño, de onde era natural a súa dona, Corona González Santos á que coñeceu nunha viaxe ao Porriño para visitar a un amigo da súa etapa na Arxentina. Entre as numerosas aportacións de Ramón González destacan a financiación do novo templo parroquial de Porriño que se inaugurou en 1913. Neste concello financiou o edificio municipal, obra do arquitecto porriñés Antonio Palacios Ramilo. Tamén doou o campo de fútbol da localidade.

O seu labor filantrópico estendeuse tamén á súa vila natal, Ribadeo, alí doou importantes cantidades de diñeiro, colaborando no desenvolvemento social e cultural. Foi membro da Sociedad de Socorros Mutuos e Instrucción La Concordia (creada en 1903) da que foi presidente no ano 1910. Tamén pertenceu ao Ateneo de Ribadeo, subvencionando as clases e comprando instrumentos para os alumnos. Deste labor destacou tamén a financiación do teatro, colaborou nas festas patronais de 1925 e doou unha importante cantidade de diñeiro para a construción da actual praza de abastos da vila. No ano 1922 foi nomeado “fillo predilecto” e todo o pobo rendeulle unha grande homenaxe en colaboración con el Ateneo y La Concordia.

Faleceu no Porriño o 15 de decembro de 1925.

Bibliografía: 

VV.AA.: CÉLTIGA, n.º 24, 25/12/1925, p. 1

VILANOVA RODRÍGUEZ, ALBERTO: Los gallegos en la Argentina, Bos Aires: Ediciones Galicia, 1966, tomo II, p. 1.047

Fotografías

  • Consello do Porriño
  • Banco da Prata

Álbum da Emigración

O Álbum da Emigración recupera as figuras máis destacadas das colectividades galegas en América, así como as súas principales creacións. Unha achega á memoria da nosa emigración.

O Álbum da Emigración é un proxecto do Arquivo da Emigración Galega(contidos) e culturagalega.org(deseño)

Correo-e : aemigracion@consellodacultura.org
Tel: +34 981 557351 / Fax: +34 981 582985


Consello da Cultura Galega
2181 lecturas