Revistas dos Centros Galegos

  • Saudade, Nº 9
    Saudade, Nº 9 - 2012 - Agrupación Cultural Saudade

    Nº 9 (setembro de 2012) da revista Saudade da Agrupación Cultural Saudade de Barcelona. Ademais dos saúdas de autoridades inclúe unha entrevista co conseller de Benestar Social i Família da Generalitat de Catalunya. Tamén as actividades que se realizan no centro; cadanseu artigo sobre o grupo folklórico e a Coral Saudade e unha representación do grupo de teatroo Zarabanda; Valentín Paz Andrade, persoeiro homenaxeado no Día das Letras Galegas 2012; ou un apuntamento poético sobre Emily Dickinson e Rosalía de Castro.

  • Galegos por Galicia, 2012
    Galegos por Galicia, 2012 - 2012 - Asociación Cultural da Vieira

    Edición de 2012 do libro Galegos por Galicia, da Enxebre Orde da Vieira. Recóllense, entre outros artigos, a participación da entidade no V Congreso transfronterizo de Estudoos Celtas España-Portugal, celebrado en Ávila; o Encontro de Amigos da Cultura Celta na Bretaña Francesa; ou a Mesa Redonda sobre Celtismo e a identidade galega celebrada na Casa de Galicia en Madrid. Así mesmo, o XIV Capítulo Xeral 2012; a entrega dos premios Madrigallegos de Oro; e o Trofeo de Galeguidade no Mundo 2012.

  • Fiestas de Santiago - Sestao 2012
    Fiestas de Santiago - Sestao 2012 - 2012 - Agrupación Hijos de Galicia de Sestao

    Revista da Agrupación Hijos de Galicia de Sestao (no seu 60º aniversario) co gallo das Festas de Santiago 2012, coa programación das mesmas, e memoria das actividades anuais como o Entroido, as homenaxes a Castelao e a Xosé A. Vilaboa, as Festas de Santiago do 2011, a Semana Cultural ou a participación no XXIV Día de Galicia en Euskadi entre outras. Tamén, as seccións de gastronomía e a publicación dos traballos gañandores no 1º certame de  poesía "Anduriña voandeira".

  • Anduriña, Nº 75
    Anduriña, Nº 75 - 2012 - Lar Gallego de Sevilla

    Número 75 (de decembro de 2012) da revista Anduriña. Nesta edición acóllense as entrevistas a Xesús Alonso Montero, Beltrán Pérez, as cartas á Directora; homenaxes; artigos de opinión e divulgación; a estrea da nova web da entidade; as reportaxes sobre o III Xuntanza dos Centros Galegos de Andalucía e o IV Encontro de Casas Rexionais e Provinciais; o aniversario do Lar e as diversas actividades desenvolvidas no seo do centro.

  • O Noso, Nº 5, Año 6
    O Noso, Nº 5, Año 6 - 2012 - Centro Gallego de Santa Cruz de Tenerife

    Número 5 (de setembro de 2012) de O Noso, coa referencia á elección da nova Xunta Directiva; a visita da Agrupación Galega “Inquedanzas” de Pazos de Reis (Tui); unha entrevista co mestre de gaitas José Temprano; a tradicional cea benéfica do Nadal que anualmente organiza a entidade galega na capital chicharreira; e moitas outras actividades sociais e culturais que desenvolve o centro ao longo do ano.

  • Libredón, Nº 59
    Libredón, Nº 59 - 2012 - Centro Gallego de Santander

    Número 59 da revista Libredón, coa Memoria de actividade do centro ao longo do ano, a renovación da súa xunta directiva e una reportaxe sobre o escritor e xornalista Julio Camba no 50º aniversario do seu pasamento.

  • Xurdimento, Nº 25
    Xurdimento, Nº 25 - 2012 - Centro Galego de Lleida (Casa de Galicia)

    Número 25 (febreiro de 2012), da revista Xurdimento do Centro Galego de Lleida. Recolle, ademais dos saúdas das autoridades galegas e catalanas e o do cardeal-arcebispo de Madrid, unha entrevista con Joan Bellmunt i Figueres, artigos de actualidade, culturais, de viaxes e opinión, e a memoria das actividades sociais e culturais desenvolvidas polo centro e a Vogalía da Muller, a Coral Cegallei etc.

  • Aquí Galicia, Nº 6
    Aquí Galicia, Nº 6 - 2011 - Centro Gallego de Tres Cantos

    Número 6 (de decembro de 2011) da revista Aquí Galicia, publicación do Centro Gallego de Tres Cantos. Recóllense, ademais dos Saúdas, as actividades sociais ao longo de 2011 como o acto conmemorativo do Día das Letras Galegas, o Entroido, a particpación na Cabalgata de Reis, a Asemblea Xeral Ordinaria ou a participación nas feiras gastronómicas. Tamén, as seccións de gastronomía, Historia e poesía.

  • Alborada, Año LXXXV, Nº 192, Diciembre 2010
    Alborada, Año LXXXV, Nº 192, Diciembre 2010 - 2010 - Asociación Benéfica Cultural del Partido de Corcubión

    Número 192 de decembro de 2010 da revista Alborada da A.B.C. do Partido de Corcubión de Bos Aires. Contén o editorial do presidente da entidade e un artigo do Consejero de Trabajo e Inmigración da Embaixada de España na Arxentina; a información sobre a viaxe do grupo Alborada ao Ecuador para participar na III Bienal de Músicas del Mundo; diversos artigos de opinión sobre o Bicentenario da Independencia Arxentina e Galicia, o Ano Santo Xacobeo ou os centenarios da Sociedad Parroquial de Vedra e a A.C.U. Residentes de Outes; a sección Sabías que? etc...

  • Aquí Galicia, Nº 5
    Aquí Galicia, Nº 5 - 2010 - Centro Gallego de Tres Cantos

    Número 5 (de decembro de 2010) da revista Aquí Galicia, publicación do Centro Gallego de Tres Cantos. Inclúe un editorial especial e saúdas do presidente, a concelleira de Cultura, Festas e Participación Cidadá e da e dos expresidentes da entidade co gallo da celebración 10º aniversario da entidade galega na cidade tricantina. Tamén, artigos sobre as actividades sociais da entidade ao longo de ano, destacando a celebración do Día das Letras Galegas -dedicado nesta edición a Uxío Novoneyra- e a participación da entidade no V Día da Galicia Exterior.

Páxinas