Revistas dos Centros Galegos

  •  Orballo, Nº 3 - Decembro 2016
    Orballo, Nº 3 - Decembro 2016 - 2016 - Casa de Galicia en Córdoba

    Número 3 (de decembro de 2016) de Orballo, revista da Casa de Galicia en Córdoba. Ademais da presentación a cargo da presidenta, recóllese un especial do Día das Letras Galegas 2016; o fallo do XXIII Certame de poesía 'Rosalía de Castro'; a celebración do 30º aniversario da entidade; as actividades do Coro Martín Códax e o Grupo folclórico; artigos de divulgación e outras actividades sociais da entidade neste período, como os 'Venres galegos', o club de lectura, excursións etc.

  • Libredón, Nº 63
    Libredón, Nº 63 - 2016 - Centro Gallego de Santander

    Número 63 da revista Libredón do Centro Gallego de Santander. Recolle a presentación a cargo do presidente da entidade e os saúdas institucionais de autoridades galegas e cántabras; o fallo do XVI Concurso literario Julio Camba e a publicación da obra gañadora do primeiro premio; a memoria das moitas actividades realizadas polo Centro ao longo do ano; a renovación da Xunta Directiva da entidade; a participación do XI Pleno do Consello de Comunidades Galegas; e as seccións de colaboracións, cociña etc.

  • Anduriña, Nº 83
    Anduriña, Nº 83 - 2016 - Lar Gallego de Sevilla

    Número 83 (de decembro de 2016) da revista Anduriña, publicación do Lar Gallego de Sevilla. Recolle a entregas das insignias 'Anduriñas' de ouro e prata da entidade; o 60º aniversario da súa fundación; entrevistas a Juan Espadas, alcalde de Sevilla, Ricardo Vázquez, impulsor desta publlicación; o doutor Juan Manuel Herrerías, Roberto Verino; Martín Pita, directivo do Deportivo da Coruña, e Carlos Amigo Vallejo, cardenal-arcebispo emérito de Sevilla; a homenaxe a Rubén Díez de la Cortina, profesor de música da entidade e director del Grupo de Gaitas do Lar; as actividades do centro neste período; o nomeamento da entidade como membro da Comisión Delegada do CCG etc.

  • Aquí Galicia, Nº 11
    Aquí Galicia, Nº 11 - 2016 - Centro Gallego de Tres Cantos

    Número 11 (de decembro de 2016) da revista Aquí Galicia, publicación do Centro Galego de Tres Cantos. Ademais do saúda da presidenta, atopamos a relación de cursos e actividades organizados pola entidade ao longo do último ano, como o Día das Letras Galegas 2016, Cabalgata de Reis, Festa de Maiores, Mostra Gastronómica, Entroido, marchas nórdicas, excursións, etc., artigos de divulgación e ou recuncho de Arde-llo Eixo, a agrupación folclórica da entidade.

  •  Saudade, Nº 13
    Saudade, Nº 13 - 2016 - Agrupación Cultural Saudade

    Nº 13 (novembro de 2016) da revista Saudade da Agrupación Cultural Saudade de Barcelona. Ademais dos saúdas dos presidentes da entidade, Eduardo Méndez Gómez; da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo; e da Generalitat de Catalunya, Carles Puigdemont i Casamajó, atopamos artigos sobre o Día das Letras Galegas 2016, cultura, turismo e historia de Galicia ou de centros galegos da diáspora como o Patronato da Cultura Galega de Montevideo; e o 'Recuncho dos socios', con obras do concurso de relatos na súa categoría infantil, e o repaso polas moitas actividades desenvolvidas pola entidade ao longo do ano.

  • Ultreia, Nº 4
    Ultreia, Nº 4 - 2016 - Centro Cultural Amigos de Galicia

    Nº 4 (de outubro de 2016) da revista Ultreia, publicación do Centro Cultural Amigos de Galicia (Reñaca, Viña del Mar - Chile). Ademais da editorial a cargo da directora da revista e presidenta da entidade, Verónica Aros, un especial sobre o Camiño de Santiago e a preparación da peregrinación; o perfil dalgún e algunha dos/as integrantes da entidade; receitas; e o resumo das actividades realizadas polo Centro ao longo de 2016, como o especial do Día das Letras Galegas do alumnado do obradoiro de cultura galega.

  • Carballeira, Nº 15, Ano XVI
    Carballeira, Nº 15, Ano XVI - 2016 - Centro Galego de Castelló O Aturuxo

    Número 15 (2016) da revista Carballeira que edita o Centro Galego de Castelló "O Aturuxo". Contén o sáuda do presidente da entidade; un especial sobre a celebración do Día das Letras Galegas 2016 e As Irmandades da Fala; o obituario de Xosé Neira Vilas, Mª do Carme Kruckenberg Sanjurjo e Agustín Fernández Paz; a entrega dos premios 'Alecrín' da FEGALCAT; a exposición 'Mariscadoras'; e a lembranza doutras actividades realizadas polo centro ao longo do exercicio así como a súa participación no XI Pleno do Consello de Comunidades Galegas celebrado na Habana.

  • O Noso, Nº 7
    O Noso, Nº 7 - 2016 - Centro Gallego de Santa Cruz de Tenerife

    Número 7 (de setembro de 2016) de 'O Noso', publicación do Centro Galego de Santa Cruz de Tenerife. No editorial dase conta das razóns que levaron a que non se publicara dende 2013 un novo número da revista; recóllese tamén a información sobre os novos membros da Xunta Directiva; o nomeamento de socios a título póstumo; actos nos que participaron os grupos do centro e actividades organizadas pola entidade, cursos, concursos, exposicións, artigos de historia etc.

  • Galicia, Nº 692 - Ano CIII
    Galicia, Nº 692 - Ano CIII - 2016 - Centro Gallego de Buenos Aires - Mutualidad - Cultura - Acción Social

    Nº 692 (de agosto de 2016) da revista Galicia do Centro Gallego de Bos Aires. Ademais do editorial a cargo de Martín Moyano Barro, atopamos diversos artigos relacionados coa modernización da entidade, as novas autoridades, e as seccións coa actividade social e cultural do Centro, artigos sobre o Hospital, a historia da entidade, etnográficos, gastronómicos etc...

  • Galicia en Mar del Plata, Ano XXXIV - Nº XLV
    Galicia en Mar del Plata, Ano XXXIV - Nº XLV - 2016 - Centro Gallego de Mar del Plata

    Número 45 (xullo de 2016) da revista Galicia en Mar del Plata, publicación do Centro Gallego de Mar del Plata. Inclúe a información sobre a Xunta Directiva e as distintas Comisións; os cursos que organiza o Centro e as distintas actividades realizadas ao longo do ano, coa programación para o que queda de 2016 (ano do 64º aniversario); os programas da Secretaría Xeral da Emigración; e artigos de historia, etnografía, cultura etc.

Páxinas