Revistas dos Centros Galegos

  • 85º Aniversario de Hijos de Zas: 1923-2008
    85º Aniversario de Hijos de Zas: 1923-2008 - 2008 - Asociación Hijos de Zas

    Publicación conmemorativa do 85º aniversario da Asociación Hijos de Zas de Bos Aires. Contén os Saúdas do presidente da entidade e do alcalde do concello coruñés de Zas; artigos sobre a actividade do centro; galerías de imaxes actuais e históricas; lembranzas escritas; poemas; a repercusión nos distintos medios; cartas e agradecementos e testemuñas e notas históricas da entidade e da vila cuxo nome tomou esta senlleira institución.

Páxinas