Revistas dos Centros Galegos

  • Aquí Galicia, Nº 5
    Aquí Galicia, Nº 5 - 2010 - Centro Gallego de Tres Cantos

    Número 5 (de decembro de 2010) da revista Aquí Galicia, publicación do Centro Gallego de Tres Cantos. Inclúe un editorial especial e saúdas do presidente, a concelleira de Cultura, Festas e Participación Cidadá e da e dos expresidentes da entidade co gallo da celebración 10º aniversario da entidade galega na cidade tricantina. Tamén, artigos sobre as actividades sociais da entidade ao longo de ano, destacando a celebración do Día das Letras Galegas -dedicado nesta edición a Uxío Novoneyra- e a participación da entidade no V Día da Galicia Exterior.

  •  Alborada, Año LXXXIV, Nº 191, Diciembre 2009
    Alborada, Año LXXXIV, Nº 191, Diciembre 2009 - 2009 - Asociación Benéfica Cultural del Partido de Corcubión

    Número 191 de decembro de 2009 da revista Alborada da A.B.C. do Partido de Corcubión de Bos Aires. Inclúe o editorial do presidente do centro e o sáuda do delegado da Xunta de Galicia en Bos Aires; diversos artigos sobre a diáspora galega e sobre a Galicia territorial; contos; lembranza da antiga etapa da revista; e información sobre a actividade social da entidade ao longo do ano.

  • Vedra Hoxe, Nº 37
    Vedra Hoxe, Nº 37 - 2009 - Sociedad Parroquial de Vedra de Mutualidad y Cultura

    Número 37 desta publicación (decembro de 2009), na que se fai balance da actividade institucional e social do 2009, a programación para o centenario da entidade en 2010, a visita do presidente da Xunta de Galicia, a elección do Mozo Galego do Ano ou se detalla a composición do corpo directivo do centro.

  • Alborada, Año LXXXIII, Nº 190, Diciembre 2008
    Alborada, Año LXXXIII, Nº 190, Diciembre 2008 - 2008 - Asociación Benéfica Cultural del Partido de Corcubión

    Número 190 de decembro de 2008 da revista Alborada da A.B.C. do Partido de Corcubión de Bos Aires, publicación que volve despois de seis anos da súa última aparición. Ademais dos saúdas do presidente da entidade e os alcaldes de Zas e Vimianzo inclúe artigos sobre a actividade do centro; reflexións sobre o feito migratorio galego na Arxentina e o seu futuro; recóllense artigos de edicións históricas de Alborada; ou a relación de Castelao coa A.B.C. do Partido de Corcubión.

  • 85º Aniversario de Hijos de Zas: 1923-2008
    85º Aniversario de Hijos de Zas: 1923-2008 - 2008 - Asociación Hijos de Zas

    Publicación conmemorativa do 85º aniversario da Asociación Hijos de Zas de Bos Aires. Contén os Saúdas do presidente da entidade e do alcalde do concello coruñés de Zas; artigos sobre a actividade do centro; galerías de imaxes actuais e históricas; lembranzas escritas; poemas; a repercusión nos distintos medios; cartas e agradecementos e testemuñas e notas históricas da entidade e da vila cuxo nome tomou esta senlleira institución.

Páxinas