Revistas dos Centros Galegos

  • A Nosa Voz, Nº 55
    A Nosa Voz, Nº 55 - 2015 - Centro Galego de Bruxelas

    Número 55 (de setembro de 2015), de A Nosa Voz, publicación do Centro Galego de Bruxelas. A editorial contén a despedida da presidencia da entidade de Miguel Palomo. Atopamos tamén un especial sobre o Día das Letras Galegas 2015, dedicado a Manuel María; actividades celebradas no Centro, a axenda e cursos que organiza; información sobre o grupo Ialma; recetas etc.

  • Ultreia, Nº 2
    Ultreia, Nº 2 - 2015 - Centro Cultural Amigos de Galicia

    Nº 2 (de agosto de 2015) da revista Ultreia, publicación do Centro Cultural Amigos de Galicia (Reñaca, Viña del Mar - Chile). Neste número atopamos ademais da editorial a cargo da directora da revista e presidenta da entidade, Mª Verónica Aros Meneses, diversos artigos culturais e etnográficos; o apartado de Relatos breves, a cargo do alumnado do obradoiro de lingua e cultura galega; a memoria fotográfica das actividades realizadas no primeiro semestre de 2015; as seccións de Cartas e Novas; o directorio da entidade etc.

  • Lonxe da Terriña, Nº 25 - Agosto de 2015
    Lonxe da Terriña, Nº 25 - Agosto de 2015 - 2015 - Lar Gallego de Chile

    Nº 25 (de Agosto de 2015) da revista Lonxe da Terriña do Lar Gallego de Chile. Ademais do editorial sobre a integración da muller e a mocidade na vida da entidade, inclúe os saúdas do presidente da Xunta e o secretario xeral da Emigración; un artigo sobre as orixes (hai 100 anos) do actual Lar Gallego de Chile; o texto gañador do IV Concurso de relatos breves (obra de Javier Asencio Piñeiro); destacados sobre Julia Castro Fernández e Ignacio Yáñez Vázquez; e información sobre os distintos actos levados a cabo polo Lar ao longo do último ano.

  • Vía da Prata, Nº 2
    Vía da Prata, Nº 2 - 2015 - Federación de Centros Gallegos en Andalucía

    Número 2 (de xullo de 2015) de Vía da Prata, publicación da Federación de Centros Gallegos en Andalucía. Recóllense os saúdas do presidente da Federación, dos/as presidentes/as das entidades que a conforman (Centro Gallego de Ceuta, Lar Gallego de Sevilla, Casa de Galicia en Córdoba, Casa de Galicia en Huelva, Casa de Galicia en el Puerto de Santa María e Centro Gallego de Málaga), do secretario xeral da Emigración e da directora da revista. Ademais, recóllense algunhas das actividades celebradas pola Federación e os distintos centros ao longo do ano.

  • Carballeira, Nº 14, Ano XIV
    Carballeira, Nº 14, Ano XIV - 2015 - Centro Galego de Castelló O Aturuxo

    Número 14 (2015) da revista Carballeira que edita o Centro Galego de Castellón "O Aturuxo". Contén o sáuda do presidente da entidade; a lembranza a Manuela Gonzalez Docal, socia de honra do Centro; as referencias aos relevos institucionais no concello e na Generalitat Valenciana; e a lembranza das actividades realizadas polo centro ao longo do exercicio, entre as que se destacan o Día das Letras Galegas, a Santantoná, Magosto e Samaín, Calçotada, o Entroido, o Día de Galicia, visitas culturais etc...

  • La Revista de AEGAMA, Nº 17 - Verán 2015
    La Revista de AEGAMA, Nº 17 - Verán 2015 - 2015 - Asociación de Empresarios Gallegos en Madrid (AEGAMA)

    Número 17 (verán de 2015) de La Revista de AEGAMA, que edita a Asociación de Empresarios Gallegos en Madrid (AEGAMA). Inclúe o saúda de Julio Lage, presidente da entidade; a información relativa á Asemblea Anual da Asociación e á renovación da súa Xunta Directiva; entrevistas a Ángel Ron, compostelán e o presidente máis novo da banca española, e Clemente González Soler, galego e presidente do Grupo Alibérico; a referencia a conferencias e outros eventos organizados pola entidade; e artigos relacionados coa economía galega.

  • Mundo Gallego, Nº 152
    Mundo Gallego, Nº 152 - 2015 - Centro Galicia de Buenos Aires, Cultura, Social y Deportivo

    Número 152 (de xullo de 2015) da revista Mundo Gallego, publicación do Centro Galicia de Bos Aires. Contén a información sobre a renovación da metade da Xunta Directiva da entidade; as obras no ximnasio Keltia na sede de Olivos; as eleccións autonómicas e locais en España; a homenaxe a Adolfo Lozano Bravo; ou a celebración da Cea de Aniversario e a función de gala no Teatro Avenida e outras actividades culturais, sociais e deportivas celebradas no segundo trimestre do ano.

  • Galicia en Mar del Plata, Ano XXXIII - Nº XLIV
    Galicia en Mar del Plata, Ano XXXIII - Nº XLIV - 2015 - Centro Gallego de Mar del Plata

    Número 44 (xullo de 2015) da revista Galicia en Mar del Plata, publicación do Centro Gallego de Mar del Plata. Contén información sobre os programas da Secretaría Xeral da Emigración para as/os residentes no exterior e o relato das súas experiencias por algúns/algunhas dos/as participantes nos mesmos. Tamén, o repaso pola intensa actividade cultural do Centro, a programación para o 2º semestre, artigos sobre o Centro de Día, etnográficos, etc...

  • Galicia, Nº 691 - Ano CII
    Galicia, Nº 691 - Ano CII - 2015 - Centro Gallego de Buenos Aires - Mutualidad - Cultura - Acción Social

    Nº 691 (de maio de 2015) da revista Galicia do Centro Gallego de Bos Aires. Ademais da editorial, atópanse diversos artigos médicos e de funcionamento do hospital, e outros de carácter social e cultural como a celebración do Día de Galicia, o Día das Letras Galegas, a homenaxe a Castelao co gallo do 65º aniversario do seu pasamento, actuacións do coro e do grupo de teatro, o centenario da revista Galicia, presentacións de libros etc.

  • Anduriña, Nº 75 , Ano 24 - Abril 2015
    Anduriña, Nº 75 , Ano 24 - Abril 2015 - 2015 - Centro Gallego de México, Asociación Civil

    Nº 75 (de abril de 2015) da revista Anduriña do Centro Gallego de México. Recolle a información sobre a presentación da Madriña 2014-2015, a Romaría do San Martiño, e as festas da Posadita, Posada, Chocolatada e Nadal 2014, o Entroido, o Festival Luminaria e a Asemblea Xeral 2015, os torneos de billar e voleibol, o curso de baile impartido por Alexandre Fernández e a visita de Antón Lamazares á entidade, artigos de opinión, saúde, reportaxes de turismo de lugares de Galicia e México, poemas, etc.

Páxinas