Revistas dos Centros Galegos

  • Anduriña, Nº 77 , Ano 25 - Maio 2016
    Anduriña, Nº 77 , Ano 25 - Maio 2016 - 2016 - Centro Gallego de México, Asociación Civil

    Nº 77 (de maio de 2016) da revista Anduriña do Centro Gallego de México. Contén a información sobre as diferentes actividades realizadas pola entidade como as romarías do San Martiño e a Ramallosa, unha exposición de fotografía da rúa e as festas da Posadita, Posada do Nadal 2015, a Chocolatada dos Reis Magos o Entroido, a Asemblea Xeral 2016, a Jira do 1º de maio, a homenaxe en Puebla ao beato galego frei Sebastián de Aparicio, o torneo de dominó, a gravación dun disco pola Banda de Gaitas, as actividades do Comité de damas, artigos de opinión, receitas, poemas, reportaxes sobre lugares de Galicia etc.

  • Xurdimento, Nº 29
    Xurdimento, Nº 29 - 2016 - Centro Galego de Lleida (Casa de Galicia)

    Número 29 (febreiro de 2016), da revista Xurdimento do Centro Galego de Lleida. Inclúe, ademais dos saúdas das autoridades, unha entrevista a Juan Carlos Rodríguez Blancas e unha homenaxe a Manuela González Lage, artigos de actualidade, culturais, de viaxes e opinión, e a memoria das actividades sociais e culturais desenvolvidas polo centro, con atención especial á Semana Cultural que anualmente organiza a entidade, as actividades da Vogalía da Muller e o anuncio da Festa do marisco 2016.

  • Anduriña, Nº 81
    Anduriña, Nº 81 - 2015 - Lar Gallego de Sevilla

    Número 81 (de decembro de 2015) da revista Anduriña, publicación do Lar Gallego de Sevilla. Ademais das palabaras do presidente da entidade e da directora da revista, inclúe o acto do 57º aniversario da súa primeira sede; as entregas das 'Anduriñas de ouro' a Antonio Patiño, vicepresidente do Lar, e Antonio Rodríguez Miranda, secretario xeral da Emigración; entrevistas a Alberto Núñez Feijóo, presidente da Xunta da Galicia, Adela Castaña, Dani Giménez, Antonio Reinoso Reinoso e Manuel Romero; diversos actos sociais celebrados ou participados polo centro e as seccións habituais da publicación.

  • Aquí Galicia, Nº 10
    Aquí Galicia, Nº 10 - 2015 - Centro Gallego de Tres Cantos

    Número 10 (de decembro de 2015) da revista Aquí Galicia, publicación do Centro Galego de Tres Cantos. Inclúe o saúda da presidenta; a referencia ao 15º aniversario da entidade galega nesta cidade do norte de Madrid; a súa participación, xunto cos centros galegos de Zaragoza e Baracaldo, nas festas do Pilar da capital aragonesa; as actividades e cursos organizados polo Centro ao longo do ano; artigos de divulgación etnografía, gastronomía, etc. e o habitual recuncho de Arde-llo Eixo, a agrupación folclórica da entidade.

  • Raiola, Nº 28 - Nadal 2015
    Raiola, Nº 28 - Nadal 2015 - 2015 - Centro Gallego en Alava

    Nº 28 (Nadal 2015) da revista Raiola do Centro Galego de Vitoria-Gasteiz (Álava). Contén as reportaxes sobre o Día do socio e o Día das Letras Galegas 2015; o XXX aniversario da Irmandade de Centros Galegos en Euskadi e da Federación de Centros Regionales de Álava; unha entrevista con José Rodríguez Rascado, ex-presidente da entidade; a IIIª Pasarela de Moda do Centro; diversas viaxes organizadas polo Centro; a actividade  do grupo de gaitas e baile “Arte Galega”, o coro “Aturuxo”, o grupo de teatro “Alecrín” e o grupo de monte “Saraibas”; e diversas actividades máis organizadas -ou participadas- pola entidade ademais de artigos culturais e seccións.

  • Orballo, Nº 2 - Decembro 2015
    Orballo, Nº 2 - Decembro 2015 - 2015 - Casa de Galicia en Córdoba

    Número 2 (de decembro de 2015) de Orballo, revista da Casa de Galicia en Córdoba. Recolle a presentación da nova páxina web da entidade; a celebración do Día das Letras Galegas 2015; xuntanzas institucionais coa Federación de Centros Galegos en Andalucía e a Secretaría Xeral da Emigración; o fallo do XXII premio de poesía 'Rosalía de Castro'; a actividade do Coro Martín Códax e o Grupo folclórico Airiños; e diversos actos sociais como excursións, proxeccións cinematográficas, o Día do Socio etc.

  • Cova Céltiga, Ano XX, Nº 119, Novembro-Decembro 2015
    Cova Céltiga, Ano XX, Nº 119, Novembro-Decembro 2015 - 2015

    Número de novembro-decembro de 2015 da Cova Céltiga, con artigos de homenaxe e lembranza ao escritor cruceño Xosé Neira Vilas e Orlando Pérez Rodríguez -ex-ministro de Facenda e descendente de ourensán- co gallo do seu pasamento; a entrega da Medalla de Ouro da Emigración do Reino de España a Roberto Ogando Zas, presidente do Centro Unión Orensana de La Habana; e varias noticias destacadas da coelctividade galega e española en Cuba.

  • Libredón, Nº 62
    Libredón, Nº 62 - 2015 - Centro Gallego de Santander

    Número 62 da revista Libredón do Centro Gallego de Santander. Recolle a presentación a cargo do presidente da entidade e os saúdas institucionais dos presidentes da Xunta de Galicia e o Goberno de Cantabria, o alcalde de Santander, a presidenta do Parlamento de Cantabria e o secretario xeral da Emigración. Ademais do repaso das numerosas actividades do Centro ao longo do último ano, contén a resolución do premio literario 'Julio Camba', coa publicación da obra gañadora do primeiro premio, e un especial sobre o 80º aniversario da entidade galega na capital cántabra.

  • Saudade, Nº 12
    Saudade, Nº 12 - 2015 - Agrupación Cultural Saudade

    Nº 12 (outubro de 2015) da revista Saudade da Agrupación Cultural Saudade de Barcelona. Ademais dos saúdas do presidente da entidade; da alcaldesa de Barcelona; o presidente da Xunta de Galicia e o da Generalitat de Catalunya; e do secretario xeral da Emigración, contén artigos sobre o Día das Letras Galegas 2015, cultura, historia, turismo, sociedade e o 'Recuncho dos socios', coas obras gañadores dos concursos de relatos nas súas categorías infantil e adulta.

  • A Nosa Voz, Nº 55
    A Nosa Voz, Nº 55 - 2015 - Centro Galego de Bruxelas

    Número 55 (de setembro de 2015), de A Nosa Voz, publicación do Centro Galego de Bruxelas. A editorial contén a despedida da presidencia da entidade de Miguel Palomo. Atopamos tamén un especial sobre o Día das Letras Galegas 2015, dedicado a Manuel María; actividades celebradas no Centro, a axenda e cursos que organiza; información sobre o grupo Ialma; recetas etc.

Páxinas