Revistas dos Centros Galegos

  • Galicia en Mar del Plata, Ano XXXIV - Nº XLV
    Galicia en Mar del Plata, Ano XXXIV - Nº XLV - 2016 - Centro Gallego de Mar del Plata

    Número 45 (xullo de 2016) da revista Galicia en Mar del Plata, publicación do Centro Gallego de Mar del Plata. Inclúe a información sobre a Xunta Directiva e as distintas Comisións; os cursos que organiza o Centro e as distintas actividades realizadas ao longo do ano, coa programación para o que queda de 2016 (ano do 64º aniversario); os programas da Secretaría Xeral da Emigración; e artigos de historia, etnografía, cultura etc.

  • Vía da Prata, Nº 3
    Vía da Prata, Nº 3 - 2016 - Federación de Centros Gallegos en Andalucía, Extremadura y Ceuta

    Número 3 (de xullo de 2016) de Vía da Prata, publicación da Federación de Centros Gallegos en Andalucía Extremadura y Ceuta. Recóllense os saúdas do presidente da Federación, dos/as presidentes/as das entidades que a conforman (Centro Gallego de Ceuta, Lar Gallego de Sevilla, Casa de Galicia en Córdoba, Casa de Galicia en Huelva, Casa de Galicia en el Puerto de Santa María, Centro Gallego de Málaga, Casa de Galicia de Badajoz e Centro Gallego de Ceuta), do presidente da Ciudad Autónoma de Ceuta, Juan Jesús Vivas Lara, do secretario xeral da Emigración e da directora da revista. Ademais, recóllense algunhas das actividades celebradas pola Federación e os distintos centros ao longo do ano, así como a VII Xuntanza da Federación, que nesta edición tivo como sede a cidade norteafricana.

  • La Revista de AEGAMA, Nº 20 - Verán 2016
    La Revista de AEGAMA, Nº 20 - Verán 2016 - 2016 - Asociación de Empresarios Gallegos en Madrid (AEGAMA)

    Número 20 (verán de 2016) de La Revista de AEGAMA, que edita a Asociación de Empresarios Gallegos en Madrid (AEGAMA). Ademais do saúda do presidente da entidade, a información relativa á Asemblea Anual da Asociación; reportaxes coa intervención do presidente da Xunta de Galicia no “Investors Day: Think in Galicia” e a celebración do XI Pleno do Consello de Comunidades Galegas; o III Encontro de Empresarios Galegos do Mundo; artigos sobre a economía galega e as diversas actividades pola entidade así como noticias protagonizadas polos/as seus/súas asociados/as.

  • Fiestas patronales Santiago Apóstol 2016
    Fiestas patronales Santiago Apóstol 2016 - 2016 - Lar Gallego de Pamplona

    Revista do Lar Gallego de Pamplona - Casa de Galicia en Navarra co gallo das Festas patronais do Apóstolo Santiago. Inclúe os saúdas da presidenta da entidade e o secretario xeral da Emigración da Xunta de Galicia; un especial, no centenario do seu nacemento, sobre Camilo José Cela e sobre o Día das Letras Galegas 2016; a programación das Festas do Apóstolo 2016 en Pamplona; e distintas actividades organizadas pola entidade galega na capital navarra ao longo do ano.  

  • A Nosa Eira, Nº 1
    A Nosa Eira, Nº 1 - 2016 - Centro Galego de Valencia

    Nº 1 (de xuño de 2016) da revista A Nosa Eira, publicación do Centro Galego de Valencia. Neste primeiro número atopamos, ademais da editorial, un especial sobre o Día das Letras Galegas 2016 e un percorrido polas distintas actividades sociais e culturais desenvolvidas pola entidade ao longo do 2015 e 2016 (ano no que celebra o seu 50º aniversario), cursos, información para asociarse etc.

  • Anduriña, Nº 77 , Ano 25 - Maio 2016
    Anduriña, Nº 77 , Ano 25 - Maio 2016 - 2016 - Centro Gallego de México, Asociación Civil

    Nº 77 (de maio de 2016) da revista Anduriña do Centro Gallego de México. Contén a información sobre as diferentes actividades realizadas pola entidade como as romarías do San Martiño e a Ramallosa, unha exposición de fotografía da rúa e as festas da Posadita, Posada do Nadal 2015, a Chocolatada dos Reis Magos o Entroido, a Asemblea Xeral 2016, a Jira do 1º de maio, a homenaxe en Puebla ao beato galego frei Sebastián de Aparicio, o torneo de dominó, a gravación dun disco pola Banda de Gaitas, as actividades do Comité de damas, artigos de opinión, receitas, poemas, reportaxes sobre lugares de Galicia etc.

  • Xurdimento, Nº 29
    Xurdimento, Nº 29 - 2016 - Centro Galego de Lleida (Casa de Galicia)

    Número 29 (febreiro de 2016), da revista Xurdimento do Centro Galego de Lleida. Inclúe, ademais dos saúdas das autoridades, unha entrevista a Juan Carlos Rodríguez Blancas e unha homenaxe a Manuela González Lage, artigos de actualidade, culturais, de viaxes e opinión, e a memoria das actividades sociais e culturais desenvolvidas polo centro, con atención especial á Semana Cultural que anualmente organiza a entidade, as actividades da Vogalía da Muller e o anuncio da Festa do marisco 2016.

  • Anduriña, Nº 81
    Anduriña, Nº 81 - 2015 - Lar Gallego de Sevilla

    Número 81 (de decembro de 2015) da revista Anduriña, publicación do Lar Gallego de Sevilla. Ademais das palabaras do presidente da entidade e da directora da revista, inclúe o acto do 57º aniversario da súa primeira sede; as entregas das 'Anduriñas de ouro' a Antonio Patiño, vicepresidente do Lar, e Antonio Rodríguez Miranda, secretario xeral da Emigración; entrevistas a Alberto Núñez Feijóo, presidente da Xunta da Galicia, Adela Castaña, Dani Giménez, Antonio Reinoso Reinoso e Manuel Romero; diversos actos sociais celebrados ou participados polo centro e as seccións habituais da publicación.

  • Aquí Galicia, Nº 10
    Aquí Galicia, Nº 10 - 2015 - Centro Gallego de Tres Cantos

    Número 10 (de decembro de 2015) da revista Aquí Galicia, publicación do Centro Galego de Tres Cantos. Inclúe o saúda da presidenta; a referencia ao 15º aniversario da entidade galega nesta cidade do norte de Madrid; a súa participación, xunto cos centros galegos de Zaragoza e Baracaldo, nas festas do Pilar da capital aragonesa; as actividades e cursos organizados polo Centro ao longo do ano; artigos de divulgación etnografía, gastronomía, etc. e o habitual recuncho de Arde-llo Eixo, a agrupación folclórica da entidade.

  • Raiola, Nº 28 - Nadal 2015
    Raiola, Nº 28 - Nadal 2015 - 2015 - Centro Gallego en Alava

    Nº 28 (Nadal 2015) da revista Raiola do Centro Galego de Vitoria-Gasteiz (Álava). Contén as reportaxes sobre o Día do socio e o Día das Letras Galegas 2015; o XXX aniversario da Irmandade de Centros Galegos en Euskadi e da Federación de Centros Regionales de Álava; unha entrevista con José Rodríguez Rascado, ex-presidente da entidade; a IIIª Pasarela de Moda do Centro; diversas viaxes organizadas polo Centro; a actividade  do grupo de gaitas e baile “Arte Galega”, o coro “Aturuxo”, o grupo de teatro “Alecrín” e o grupo de monte “Saraibas”; e diversas actividades máis organizadas -ou participadas- pola entidade ademais de artigos culturais e seccións.

Páxinas