Carballeira, Nº 13, Ano XIV

Carballeira, Nº 13, Ano XIV
Título: 
Carballeira, Nº 13, Ano XIV
Entidade: 
Centro Galego de Castelló O Aturuxo
Ano: 
2017

Número 13 (2017) da revista Carballeira que edita o Centro Galego de Castelló "O Aturuxo". Atopamos os saúdas institucionais do presidente da entidade, Xosé Filgueira, e das distintas autoridades (Alberto Núñez Feijóo, Ximo Puig, Miguel Santalices, Javier Moliner Gargallo, Amparo Marco Gual, Antonio Rodríguez Miranda e Aitana Mas Mas); os obituarios de Fernando Amarelo de Castro -quen fora secretario xeral de Relacións coas Comunidades Galegas-, Paco Souto e Xoana Torres; un especial sobre o Día das Letras Galegas 2017 e 2018; reportaxes sobre as moitas actividades organizadas e/ou participadas pola entidade; artigos sobre a fundación do primeiro Centro Galego de Castelló (1937), a aparición da vila de Noia como Portus Apostoli, etc.

859 lecturas