Sen título

Seijo Rubio Sen título, 1921
Sen título
3074 lecturas

José Seijo Rubio nace en Madrid no ano 1881, vive en Galicia desde os seis anos, onde levou a cabo a súa actividade pictórica e docente (era catedrático de Debuxo e Caligrafía). A súa obra está entre o impresionismo tardío e a obra de Ignacio Zuloaga. José Seijo representa unha escena do naufraxio do buque Santa Isabel fronte á illa de Sálvora (ría de Arousa) e da valente e decidida actuación das e dos habitantes do arquipélago por socorrer ás vítimas. O autor é un excelente ilustrador e toda a súa obra está realizada con moita minuciosidade e gústalle o descritivo, como se pode observar neste óleo de 1921. As cores e a luz na composición aportan unha gran harmonía nesta representación tráxica. José Seijo Rubio falece na Coruña en setembro de 1970.

máismenos
Data 
1921
Sen título
Soporte / Técnica 
Óleo
Autor 
Seijo Rubio
Dimensións 
96 x 74