Sen Título
Enrique Medina nace en Montevideo en 1935. Realizou unha importante labor artística nos últimos anos, nos que expuxo en galerías de todo o mundo. Durante longos anos, a produción de Medina consistiu en exercicios dun esteticismo onde a visión de espazos domésticos (unha cancela, un patio, unha fiestra) levábao a esmaltar con depurada técnica esas escenografías desertas, logrando en todo caso un saldo decorativo, cun selo de refinamento, que probou ser variable no mercado e cuxa temática espertaba unha seducción epidérmica. A obra da Casa Galicia de Montevideo representa unha realidade conxelada, case unha natureza morta. O artista realizou unha serie na que aparecían portas, á que pertence esta obra. Dá sensación de soidade e frío. A técnica empregada é a aerografía.