Romería

Luis Seoane López Romería, 1970
Romería
4494 lecturas

Luis Seoane López (Bos Aires, 1910 - A Coruña, 1979) foi debuxante, pintor, gravador e escritor. Nace en Bos Aires, fillo de emigrantes galegos, aínda que cando é un neno volve a Galicia. Estuda Dereito en Santiago e participa na actividade cultural e na loita obreira. No 1936 exíliase en Bos Aires. Aquí exerce unha intensa labor cultural como promotor de revistas, debuxante, deseñador, escritor e pintor. Acadou un grande recoñecemento, tanto en Arxentina como en Galicia. Trátase dunha obra costumista cunha temática moi valorada polas e polos emigrantes galegos. Seoane plasma as figuras co seu particular estilo. As persoas aparecen representadas dun xeito sintético, influenciado por Picasso. A cor cobra todo o protagonismo e contrapón distintas cores para así poder crear profundidade ante un fondo neutro no que se erguen as figuras. A técnica empregada é a serigrafía.

máismenos
Data 
1970
Romería
Soporte / Técnica 
Serigrafía s/n
Autor 
Luis Seoane López
Dimensións 
65 x 77