Ría de Noia e Muros
Raúl Sorino Ría de Noia e Muros, Mediados s. XX
A obra mostra unha escena costumista que representa unha escena típica de Galicia. En primeiro plano aparecen dúas personaxes que nos introducen no cadro. A continuación hai unha vista dunha vila mariñeira galega. A protagonista da obra é a cor, moi viva e pura. Tamén hai presencia da liña. As formas aparecen representadas dun xeito moi esquemático. Este tipo de imaxes eran apreciadas na emigración galega porque aluden á vida en Galicia.
máismenos
Data
Mediados s. XX
Ría de Noia e Muros
Soporte / Técnica
Acrílico
Autor
Raúl Sorino
Dimensións
73 x 61