Mily Poy [Composición en torno a Arturo Cuadrado]

Edgardo Rodríguez Mily Poy [Composición en torno a Arturo Cuadrado], 2001
Mily  Poy [Composición en torno a Arturo Cuadrado]
1895 lecturas

Estamos ante unha obra contemporánea que mestura diversos materiais para conseguir un efecto plástico potente. O artista emprega fotografía, pintura e texto nun "collage" cunha composición que ten como tema a figura de Arturo Cuadrado, intelectual galego exiliado en Bos Aires que foi director do xornal "Galiza", publicado pola Federación de Asociacións Galegas, lugar onde se atopa exposto o cadro. Foi unha personaxe importante no exilio galego, pois realizou unha importante labor como editor, escritor, xornalista e político. A presenza dos textos parece querer rendirlle unha homenaxe por todo este traballo.

máismenos
Data 
2001
Mily Poy [Composición en torno a Arturo Cuadrado]
Autor 
Edgardo Rodríguez
Dimensións 
360 x 183