Feira de Orense

Manuel Colmeiro Guimarás Feira de Orense, Segunda metade s. XX
Feira de Orense
3228 lecturas

Colmeiro nace en Silleda, Pontevedra, o 7 de agosto de 1901. A súa arte nace dun sentimento profundo, ligado a natureza e á súa terra natal, Galicia. O cal podemos admirar nesta pintura, onde predominan os azuis e grises do ceo e a bruma, o verde e ocres da terra e dos campos, como en moitas outras ocasións, o que parece estar en relación coa frescura da súa orixe lóxica que é o mar e o agro. Colmeiro, gran observador da natureza, mostra a través da pincelada solta, as formas redondeadas da paisaxe galaica. Unha cor e luz intensa, unha paixase natural e unha composición realista, transmitindo unha sensación fresca e tranquila da vida cotiá dunha nena campesiña galega. Busca traducir a sociedade aldeana, unha sociedade en íntimo contacto coa terra e coa súa paisaxe. O artista falece en Salvaterra do Miño, Pontevedra en 1999.

máismenos
Data 
Segunda metade s. XX
Feira de Orense
Soporte / Técnica 
Óleo/Tea
Autor 
Manuel Colmeiro Guimarás
Dimensións 
110 x 75