Dolmen gallego

Castro Gil Dolmen gallego, Primeira metade s. XX
Dolmen gallego
1995 lecturas

Manuel Castro Gil (Lugo, 1891-Madrid, 1961). Pintor e gravador, inicia a súa formación na Escola de Artes e Oficios de Lugo, pasando aos dezaseis anos á Escuela de Bellas Artes de San Fernando de Madrid. Bolseiro da Deputación de Lugo, máis tarde obtivo outra bolsa trasládase a Francia, Bélxica e Inglaterra. Traballa no taller de Richard Gans, e ingresa como gravador na Fábrica de la Moneda. Colabora con numerosas publicacións como "Blanco y Negro" e "La Esfera". Dende 1934 é profesor de artes gráficas na Escola Nacional. É membro do grupo de "Los 24" e máis tarde fundador e presidente da Agrupación Española de Grabadores. El mesmo realizaba a estampación das súas obras e foi dos primeiros en incorporar a cor ao gravado no noso país. Este gravado amosa un dolmen sobre un outeiro. Está dedicado á Casa Galicia de Montevideo polo propio artista. Todos os elementos que compoñen a obra están representados cun grande detallismo, propio do estilo do autor.

máismenos
Data 
Primeira metade s. XX
Dolmen gallego
Soporte / Técnica 
Augaforte
Autor 
Castro Gil
Dimensións 
32 x 41