Bienvenida al pájaro de las lunas

Luis Seoane López Bienvenida al pájaro de las lunas, Mediados s. XX
Bienvenida al pájaro de las lunas
1792 lecturas

Luis Seoane López (Bos Aires, 1910 - A Coruña, 1979) foi debuxante, pintor, gravador e escritor. Nace en Bos Aires, fillo de emigrantes galegos, aínda que cando é un neno volve a Galicia. Estuda Dereito en Santiago e participa na actividade cultural e na loita obreira. No 1936 exíliase en Bos Aires. Aquí exerce unha intensa labor cultural como promotor de revistas, debuxante, deseñador, escritor e pintor. Acadou un grande recoñecemento, tanto na Arxentina como en Galicia. Neste caso estamos ante unha obra contemporánea na que se representan as figuras dunha muller e dun paxaro. É un exemplo do estilo imperante na obra de Seoane a partires da súa viaxe a Europa, na que coñecerá a Picasso e ao seu cubismo sintético. Dende entón o seu estilo pasará a esquematizarse máis e as figuras perderán profundidade para gañar en forza a liña e a cor. Nesta obra as figuras amósanse cos seus rasgos máis básicos, aínda que o uso do material e da liña outórgalle expresividade. A técnica empregada é a da xilografía.

máismenos
Data 
Mediados s. XX
Bienvenida al pájaro de las lunas
Soporte / Técnica 
Xilografía. Serie 23/30
Autor 
Luis Seoane López
Dimensións 
60 x 45