Protocolo entre a Secretaría Xeral de Comunicación e o Instituto Cubano del Arte e Industria Cinematográficos

O obxectivo deste convenio é potenciar o financiamento do sector e participar en eventos audiovisuais para reforzar as relacións entre Cuba e Galicia ademáis da celebración dunha Semana do Cine en ambos os dous países

O Protocolo asinado na Habana en abril do pasado ano entre o Consorcio Audiovisual de Galicia, a Secretaria Xeral de Comunicación e o Instituto Cubano de Arte e Industria Cinematográficos.

Este acordo sentou as bases para localizar e compartir fondos históricos audiovisuais depositados na Cinemateca de Cuba e no Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI). Prevé tamén o establecemento de procedementos e modelos de financiamento para o intercambio de persoal cualificado no sector; a participación conxunta en eventos audiovisuais, a investigación e divulgación sobre temas afíns; a realización de encontros e reunións de traballo para analizar posibilidades de coproducións bilaterais e a creación dun grupo de traballo para avaliar a extensión do programa Raíces á cinematografía cubana.

A celebración dunha Semana do Cine Galego en Cuba e unha Semana do Cine Cubano en Galicia de carácter bianual que inclúa a organización de encontros de coprodución entre institucións e profesionais foi outro dos puntos claves do acordo.

Por outra banda, a produtora internacional ICAIC e tres produtoras de Galicia agrupadas en AEGA (Faro) e en AGAPI (Pórtico de Comunicaciones e Directo Producciones), asumían o compromiso de levar a bo porto tres proxectos propostos polo ICAIC; Los gallegos de la Habana, El arquitecto gallego de Colón e un esbozo de serie para televisión, Entre el espanto y la ternura.

858 lecturas