Un programa para redescubrir as raíces

  • Ao longo dos tres meses de estadía, os participantes entran en contacto coa realidade actual do seu país de orixe.

Os beneficiarios de «Volver á terra»están durante un período máximo de 14 días nunha residencia de tempo libre ou noutro establecemento residencial de Galicia xestionado pola Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar. Rematada esta estadía, poden permanecer cos seus familiares en Galicia, ata completar un período máximo de 3 meses, sendo pola súa conta durante este tempo os gastos de aloxamento, manutención e calquera outro gasto derivado da súa estadía. 

«Volver á Terra» facilita e promove o reencontro dos emigrantes coa súa terra natal e coa súa familia. Este programa ten como obxectivo que os participantes redescubran as súas raíces, tanto de tipo cultural como social, entrando en contacto coa realidade actual do seu país de orixe e propiciando actividades que posibiliten o coñecemento da Galicia actual, o encontro coas súas propias familias e o intercambio de experiencias co resto dos participantes. 

O requisito solicitado aos beneficiarios de ter cumpridos os 60 anos de idade dáse en todos os beneficiados do programa, aínda que no seu conxunto a idade media pódese establecer nos 67 anos, sendo os máis maiores dous participantes que contan con 78 anos. 

Os dous programas desenvolverase ao longo de tres meses e terán dúas fases diferenciadas. A primeira delas consiste nunha estadía de dúas semanas na Residencia de Tempo Libre de O Carballiño en réxime de pensión completa, desenvolvendo actividades recreativas e culturais a distintos lugares para un coñecemento de Galicia. A segunda fase consiste nunha estancia cos seus familiares de Galicia ata completar un tempo máximo de tres meses.

 A ilusión de moitos emigrantes galegos viña acompañada de lembranzas e desarraigo por pertencer a dúas realidades: «Un cre que o temos merecido porque o sacrificio foi moi grande, o desarraigo foi terrible e un síntese moi emocionado, chega á súa terra, e aínda deixando moitas raíces na nosa, queremos quedar aquí, non queremos voltar á Arxentina, queremos quedarnos na nosa terra», afirma emocionada a emigrante galega Dolores Picallo.

755 lecturas