Os Cursos | Baile tradicional

O curso de baile tradicional é un dos clásicos que se imparten en Compostela, e nesta edición tamén en Bos Aires, Montevideo e Caracas.

Divididos entre baile nivel intermedio e baile de nivel avanzado, os alumnos e alumnas inscritos neste curso non só perfeccionaron a súa técnica, senón que ampliaron o seu repertorio de baile, máis alá da muiñeira ou a xota.

Xabier Salgado explica un dos obxectivos que pretenden lograr coa exquisita formación que reciben aquí os alumnos: «como aspiración temos, tomando como referencia aos anos anteriores, alcanzar cotas importantes de formación e de calidade nos alumnos que viñeron aquí».

Precisamente por iso, a formación en baile tradicional non se quedou na práctica. Ao igual que no resto dos cursos impartidos en Escolas Abertas, busca unha porcentaxe de formación teórica en forma de charlas e análise de material audiovisual.

850 lecturas