O obxectivo do Festival Internacional é acercar á ciudadanía a cultura dos diferentes grupos que residen en Bos Aires

  • O proxecto Babel, la biblioteca propuso a lectura de textos dramáticos de distintos países nas suas linguas orixinais, na rede de bibliotecas da ciudade. Tratase de presentar aos espectadores unha experiencia de encontro directo con cada unha das linguas das comunidades residentes en Arxentina e a sua peculiar sonoridade.

Entre os anos 1860 e 1936 máis de medio millón de galegos emigraron a Cuba, a Arxentina e a Brasil por razóns económicas ou políticas co fin de buscar un mellor futuro. Sen sabelo, foron estes últimos quenes asentaron as bases do que hoxe se coñece como o galego no mundo.

Coa chegada dos exiliados políticos, a actividade cultural e política creciu de maneira exponencial.

Así, en Arxentina  creouse o «Instituto Arxentino da Cultura Galega» e o «Consello de Galiza», de carácter puramente político. A producción cultural nestes anos foi amplísima, complementada con programas de radio en galego, conferencias, publicacións de libros e revistas e ata espectáculos.

Algúns de eles siguense recuperando hoxe en día e así o poñen de manifesto os actos que se levan a cabo en distintos eventos como o que  tivo lugar no VII Festival Internacional de Bos Aires (FIBA). Alí, a cultura galega estivo presente coa lectura da obra teatral «A noite vai coma un río», do novelista, poeta e periodista Álvaro Cunqueiro, consagrado -tanto en galego coma en castelán- coma unha gran figura das letras.

Esta obra representouse na biblioteca Martín del Barco Centenera e enmarcase dentro dun proxecto galego-arxentino.

O obxectivo do evento non é outro que acercar á ciudadanía as culturas propias das diferentes colectividades residentes en Bos Aires.

Babel, la biblioteca
Esta participación no proxecto Babel, la biblioteca no marco do festival arxentino, un evento que se realiza cada dous anos, é fruto da colaboración entre a Delegación do Xunta de Galicia e o Goberno da Ciudade de Bos Aires, e forma parte das iniciativas impulsadas para incrementar a presencia da cultura galega na capital arxentina. As actividades que tiveron lugar na biblioteca foron unha das bases deste festival, que contou co apoio de centos de visitantes.

O proxecto Babel, la biblioteca, propuso a lectura de textos dramáticos de distintos países nas súas linguas orixinais, na rede de bibliotecas da ciudade. Tratase de presentar aos espectadores unha experiencia de encontro directo con cada unha das linguas das comunidades residentes en Arxentina e a sua peculiar sonoridade. Como non, este Festival tamén representa unha oportunidade única de integración e intercambio para as diversas identidades que conviven na ciudade de Bos Aires.

Babel, la biblioteca busca presentar ao espectador unha experiencia directa de encontro con cada unha das linguas, coa sua sonoridade particular e cos autores teatrais. Tamén se configura como unha oportunidade de integración e intercambio das diversas comunidades que conviven na nosa ciudade, de difusión dos distintos idiomas e de fortalecemento e crecemento das bibliotecas na súa oferta de libros extranxeiros.

Aproveitando a sua estancia alí, o delegado da Xunta de Galicia en Bos Aires, Alejandro López Dobarro, reuniuse coa Directora Xeral do Libro e Promoción da Lectura da Ciudade Autónoma de Bos Aires, Alejandra Ramírez, para preparar a entrega de case 1000 volúmenes escritos en galego e con temática galega seleccionados e donados pola Consellería de Culturaey Turismo do Goberno galego para integrar os fondos permanentes da rede de bibliotecas públicas.

Ramírez agradeciu a colaboración da Xunta de Galicia neste proxecto e avanzou que se está traballando para crear, en 2011, unha biblioteca con fondos en diversos idiomas. Neste sentido, informou que xa está acordada a creación da sección Rosalía de Castro que conterá os casi 1000 libros donados poa Consellería de Cultura e Turismo do Goberno galego á Rede de Bibliotecas Públicas do Goberno da Ciudade de Bos Aires. 

A orixe do FIBA
O FIBA naceu en 1997 coma un espazo de exposición das expresións máis importantes do arte escénico contemporáneo. Tanto os espectáculos nacionais coma internacionais tuvieron un lugar de privilexio neste festival que se constituiu rápidamente nun dos máis importantes de América Latina. Este encotro, que se celebra cada dous anos, condensa a diversidade artística expresada nas novas búsquedas estéticas e tendencias de teatro, a danza, as artes visuais e sonoras, etc. Os grandes innovadores da escena teatral e de danza pasaron por Bos Aires, posibilitando aos artistas locais unha reflexión sobre a sua propia producción e ao público en xeral o pracer de ver obras de gran calidade. Ademáis da programación internacional, o FIBA contou cunha variada selección de espectáculos nacionais que se legaron a proxectar á escena internacional.

Dende a súa orixe, o FIBA converteuse nun rotundo éxito de público con entradas agotadas para case todalas funcións, ratificando á Ciudade Autónoma de Bos Aires coma unha das capitales do mundo con maior actividade teatral.

Na edición 2009 o FIBA contou coa dirección Artística de Alberto Ligaluppi e Rubén Szuchmacher.

Máis presenza multicultural no FIBA
Este año leeronse varias obras teatrais en portugués, húngaro, griego, italiano, turco, hebreo, rumano, alemán, checo, eslovaco, vasco, catalán, árabe, yiddish, noruego, polaco, croata, esloveno, sueco e, como non, galego. Todas estas linguas tiveron presencia nun festival de carácter multidisciplinar. Non obstante, a lingua galega sempre tivo moita e moi boa acollida en Bos Aires.

Esto demuestrao os centos de centros e asociacións coma Acción Social y Cultural Santa Comba de Xallas, a Agrupación Galicia (Pro-Centro Gallego) , a Asociación "Casa Coiros", etc que teñen a sua sede en Bos Aires. Cada un destes organismos é o encargado de desenvolver unha atractiva actividade cultural que facilita o continuo coñecemento da identidade galega no país.

725 lecturas