Máis representación no Consello da Xuventude de Galicia

Unha das principais conclusións ás que chegaron os participantes do congreso é que os mozos e mozas da diáspora galega de Europa terán representación activa no órgano autónomo da xuventude galega a través dunha asociación.

Despois de tres días de traballo, expuxeron as impresións que sacaron deste congreso, incidindo na necesidade de que exista unha maior participación e compromiso por parte da xuventude para que os movementos asociativos galegos que hai en Europa. 

A celebración deste congreso é a culminación dun traballo que comezaba xa no pasado mes de abril cando se reunía en París un grupo de mozas e mozos galegos residentes fora de Galicia para tentar de comezar a sentar as bases para o aproveitamento recíproco entre a sociedade galega e a xuventude galega no exterior.

971 lecturas