A estrea na Habana e o conxunto do proxecto

A investigación de Ramón Pinheiro deu como resultado ademáis do espectáculo de "Descarga ao vivo" un libro titulado "Los gallegos en la música de Cuba". O primeiro estreouse en febreiro na Habana, o segundo está tamén pendente de publicación

O 22 de febreiro deste ano tivo lugar a estrea única, ata o de agora, de "Descarga ao vivo". O acto levouse a cabo no Teatro Mella da Habana que o propio director artísitico deste proxecto define así; " Poder ver e escoitar á banda completa nun teatro tan fermoso como o Mella ante máis de mil persoas volcadas co espectáculo e os primeiros acordes foi maravilloso. Todas as persoas que formamos parte de "Descarga ao vivo"esperamos que o espectáculo se poida presentar en Galiza e estamos seguros de que será así antes ou despóis, pero isa é unha cuestión que implica a moitos axentes á marxe dos artista e é difícil, por non dicir imposible, confirmar ou concretar algo ao respeito polo momento". 

"Los Gallegos en la música de Cuba" é o título do libro que xurdiu da mesma investigación que ?Descarga ao vivo? aínda que Ramón Pinheiro destaca que "son proxectos totalmente independentes". 

"O libro está rematado e será a Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural a encargada de escoller o momento e circunstancias propicias para o seu lanzamento? destaca o director artístico de ?Descarga ao vivo?, e aclara que ? é un ensaio histórico e non unha compilación de partituras". 

No caso de "Descarga ao vivo", pola súa parte "é un espectáculo musical e dancístico susceptible de ser obxecto dunha edición fonográfica ou audiovisual, posibilidade na que están traballando actualmente", sinala Pinheiro.

1073 lecturas