A cidade de Praga foi a última en acoller esta exposición

A mostra, que leva por título «Un Camiño, 13 olladas. O Camiño de Santiago en Galicia», puido visitarse na República Checa da man da S. A. Xestión do Xacobeo da Consellería de Innovación e Industria.

O número trece non ten por que ser simbolizar a mala sorte. Para os fotógrafos e os organizadores da mostra «Un Camiño, 13 olladas», o trece significa máis interese pola cultura galega e o seu patrimonio. Desafiando aos máis supersticiosos, a acollida que esta exposición tivo en Praga foi «moi boa», aseguran algúns dos fotógrafos que participaron neste proxecto.

Tine Harden, Katia Losonen, Eva Persson, Christine Erlbeck e Signe Raikstina son as fotógrafas invitadas á exposición. En cada nova itinerancia da exposición únese un novo fotógrafo, nesta ocasión a fotógrafa convidada na República Checa foi Hana Jakrlova. 

Esta fotógrafa, nacida en Brno, de particupou en numerosas exposicións conxuntas e individuais na República Checa e nas embaixadas que este país ten en Bruxelas, Estocolmo, Varsovia, Kiev, Sofía, Bucarest e Moscova. Para o 2009, Jakrlova continuará coas súas fotografías ?á marxe da mostra do Camiño?, que estarán expostas na embaixada da República Checa en Washington («Europeans») e no museo de arte moderno de San Francisco («Big sister», unha exhibición de grupo). 

Praga foi a última ?que non a derradeira? cidade que acolleu esta exhibición. As urbes escandinavas de Bergen e Copenhage acolleron esta mostra de fotografía documental. Cada unha, ao seu modo, presentaron estas fotografías cunha estética moderna e buscando sempre dinamizar a mostra e facela atractiva para os seus visitantes.

 Cunha orixinal escenografía montada a base de cilindros, Copenhage acolleu a comezos do verán do 2006 este proxecto. Cada cilindro contiña as fotografías de cada un dos fotógrafos do Camiño. A exposición, que tivo lugar no edificio Helligaandshuset, no centro de Copenhage, contaba tamén con proxeccións sobre Galicia e a súa vinculación coa peregrinaxe. Algo máis persoal foi a mostra de Bergen, montada no Bryggens Museum nunha ampla sala construida para a ocasión con paneis brancos dos que penduraban as fotografías.

963 lecturas