Álvaro Cunqueiro e «A noite vai coma un río»

  • No ano 1963 Cunqueiro ingresou na Real Academia Galega, un recoñecemento tras o cal chegarían outros moitos nos seus últimos anos, entre eles o de Doctor Honoris Causa pola Universidade de Santiago de Compostela, en 1980, un ano antes do seu falecemento en Vigo.

Álvaro Cunqueiro nace en 1911 en Mondoñedo. En 1921 o escritor trasladase a Lugo para completar o bacharelato e alí, na redacción do periódico do instituto, coñece a Ánxel Fole. Seis anos despois matriculase na Facultade de Filosofía e Letras da Universidade de Santiago de Compostela e comenza así unha etapa que o levará de Mondoñedo á capital de Galicia, onde convive co seu amigo. Sen embargo, serán as tertulias, a súa relación cun nutrido grupo de artistas da literatura os que se convertan na súa verdadeira universidade.

A partir dos anos 50, no seu periodo máis maduro, Cunqueiro centraráse principalmente na narrativa para publicar, en galego, as suas novelas máis relevantes (Merlín e familia,1955, As crónicas do Sochantre, 1956 e Si o vello Sinbad volvese ás illas, 1961) e algúns libros de relatos (Escola de menciñeiros, 1960, Xente de aquí ou acolá, 1971 e Os outros feirantes, 1979), entre incursións no xénero dramático (O incerto señor don Hamlet, príncipe de Dinamarca, 1959, A noite vai coma un río, 1965, Palabras de víspera,1974, Xan o bo conspirador, 1978) e sen olvidala poesía (Dona do corpo delgado, 1950, Herba aquí ou acolá, 1980). Sen embargo, non deixan de sair da imprenta obras suas en castelán, narrativa fundamentalmente: Crónica de la derrota de las naciones, 1954, Las mocedades de Ulises, 1960, Un hombre que se parecía a Orestes (Premio Nadal en 1969), Vida y fugas de Fanto Fantini della Gherardesca, 1972 ou El año del cometa con la batalla de los cuatros reyes, 1974.

No ano 1963 Cunqueiro ingresou na Real Academia Galega, un recoñecemento tras o cal chegarían outros moitos nos seus últimos anos, entre eles o de Doctor Honoris Causa pola Universidade de Santiago de Compostela, en 1980, un ano antes do seu falecemento en Vigo.

A noite vai coma un río
Para Laura Tato Fontaíña, profesora da Universidade da Coruña, en La noche va como un río, 1965, Álvaro Cunqueiro abandona os mitos para realizar «una pequeña obra maestra» onde predomina o elemento lírico. A obra mantén a unidade coa presencia de dona Inés e a súa ama Modesta, pola cuxa torre van pasando os fuxitivos de unha guerra. Istos personaxes secundarios son quenes alimentan o sono de dona Inés para provocar, de inmediato, a súa decepción, xa que ela se da conta de que nunca encontrará o seu verdadeiro amor e se condenará á soledade.

1257 lecturas