Novas
Buscador
Últimos 6 meses-
09Febreiro2024A Oficina Móbil do Retorno da Secretaría Xeral da Emigración visitará a vindeira semana Sanxenxo, Porto do Son, Mondoñedo e Betanzos audio Este proxecto innovador, cofinanciado polo Fondo Social Europeo, busca ofrecer un servizo de información e asesoramento especializado e próximo ás persoas emigrantes retornadas a Galicia e as súas familias. Cun enfoque nas demandas e necesidades específicas derivadas do retorno, esta oficina itinerante desprazarase por diversos concellos de Galicia, co obxectivo de estender o seu alcance a cada recuncho da nosa comunidade. Servizos Ofrecidos... Máis información
-
06Febreiro2024O programa “Merlo”, apoiado por Emigración, abre mañá, día 7, o seu prazo de inscrición co obxectivo de mentorizar a 90 emprendedoras e emprendedores galegos retornados audio Esta iniciativa, que chega así á súa cuarta edición, busca apoiar e acompañar ás e aos galegos retornados no desenvolvemento e consolidación dos seus emprendementos. O programa xorde da colaboración entre a Secretaría Xeral da Emigración e a Fundación Ronsel. O programa “Merlo” de mentorización para emprendedoras e emprendedores galegos retornados abre mañá mércores, día 7, o prazo de inscrición para aquelas e aqueles interesados en participar... Máis información
-
05Febreiro2024Emigración incrementa as axudas destinadas a obras e adquisición de equipamentos para as entidades galegas do exterior ata chegar aos 635.000 euros audio A convocatoria deste ano distribúese en dous programas, un destinado a obras, adquisición de instalacións e conservación do patrimonio, outro para a mellora de dotacións e equipamento de carácter inventariable e tamén o de carácter cultural. O prazo de presentación das solicitudes rematará o próximo 5 de marzo. O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a nova liña de axudas para as entidades galegas do exterior que contará cun crédito... Máis información
-
05Febreiro2024La Costa Fútbol e o RC Celta de Vigo unen forzas para unha semana de fútbol inesquecible no Uruguai audio Nenas, nenos, mozas e mozos uruguaios gozan de adestramentos de elite e experiencias únicas nunha iniciativa de colaboración internacional. La Costa Fútbol e o Real Club Celta de Vigo levaron a cabo unha semana de adestramento intensivo e experiencias futbolísticas para nenas, nenos e mozas e mozos de 6 a 17 anos, marcando un fito no fomento do fútbol base no Uruguai. A iniciativa contou coa presenza de destacadas figuras e representantes... Máis información
-
02Febreiro2024Emigración potencia a iniciativa emprendedora dos galegos retornados cunha línea de axudas de 1 millón de euros audio O DOG publica hoxe una nova convocatoria deste programa, cuxo prazo de presentación de solicitudes remata o 30 de setembro. As axudas, que poden chegar aos 10.000 euros, están dirixidas aos primeiros momentos de inicio da actividade. O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a nova convocatoria das Axudas ao Retorno Emprendedor, que contará cun orzamento dun millón de euros e permitirán contar cun apoio económico de ata 10.000 euros para poñer... Máis información
-
01Febreiro2024O Consello da Xunta informa sobre a convocatoria de axudas para potenciar a iniciativa emprendedora dos galegos retornados audio O DOG publica mañá una nova convocatoria deste programa, cuxo prazo de presentación de solicitudes remata o 30 de setembro, que contará cun orzamento de 1 millón de euros. As axudas, que poden chegar aos 10.000 euros, están dirixidas aos primeiros momentos de inicio da actividade. O Consello aprobou hoxe unha nova convocatoria das axudas ao Retorno Emprendedor, que contará cun orzamento dun millón de euros e permitirán contar cun apoio... Máis información
-
31Xaneiro2024O DOG publica unha nova convocatoria das axudas a autónomos con 1,3 M€ para a contratación de persoas traballadoras indefinidas, con incentivos específicos para as e os emigrantes retornados audio Os apoios poden solicitarse desde o día 5 de febreiro e ata o vindeiro 30 de setembro. As axudas son para a contratación da e do primeiro, segundo e terceiro traballador e, como novidade este ano, as e os autónomos recibirán unha maior contía se contratan a mulleres. Tamén se incentiva con maior apoio a contratación de persoas desempregadas de longa duración, maiores de 55 anos, persoas con discapacidade, persoas en situación ou risco de... Máis información
-
29Xaneiro2024Emigración abre o prazo de solicitude das axudas extraordinarias para as familias retornadas que este ano contan cun orzamento de 2M€ audio Estas axudas extraordinarias, que se incrementan nun 18%, están dirixidas a que as familias poidan afrontar os gastos excepcionais que supón asentarse na comunidade. As persoas interesadas contan co acompañamento da Oficina Integral de Asesoramento e Seguimento ao Retorno. O Goberno galego ten en marcha a segunda edición da Estratexia Galicia Retorna á que destina 450 millóns de euros co obxectivo de facilitar, ao longo dos vindeiros catro anos... Máis información
-
26Xaneiro2024A Xunta reforza con 4 millóns de euros as axudas económicas individuais para as familias galegas do exterior en situación de vulnerabilidade audio O obxectivo destas axudas é paliar as necesidades básicas de subsistencia e atención sociosanitaria de 8.000 familias galegas do exterior que se atopan nunha situación económica precaria. Esta liña de axudas increméntase nun 15% para mellorar a capacidade económica das e dos galegos máis necesitados fronte aos fortes procesos inflacionarios que sofren os países de América. O Diario Oficial de Galicia vén de publicar a nova liña de axudas da... Máis información
-
25Xaneiro2024O Consello da Xunta informa sobre a convocatoria de axudas, valoradas en 2 millóns de euros, para o establecemento de familias galegas retornadas audio Estas axudas extraordinarias, que se incrementan nun 18 %, están dirixidas a que as familias poidan afrontar os gastos excepcionais que supón asentarse na comunidade. As persoas interesadas contan co acompañamento da Oficina Integral de Asesoramento e Seguimento ao Retorno. O Goberno Galego ten en marcha a segunda edición da Estratexia Galicia Retorna á que destina 450 millóns de euros co obxectivo de facilitar, ao longo dos vindeiros catro anos... Máis información
Páxinas |