A Xunta reforza o seu apoio ás necesidades socio-asistenciais básicas dos maiores galegos e galegas residentes no exterior

A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, e o secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, asinaron hoxe un convenio de colaboración coa Peña Galega da Casa de España en Río de Xaneiro.

Mato e Rodríguez Miranda visitaron tamén a Sociedade Recreio dos Anciâos de Río, que cumpre 75 anos desde que iniciou o seu labor de apoio e asistencia ás persoas maiores. 

A responsable de Benestar e o de Emigración do Goberno galego destacaron a importancia de promover accións que favorezan a posta en marcha de programasarrow-10x10.png de saúde e integración deste colectivo.

  • A conselleira de Traballo e Benestar e o secretario xeral da Emigración, durante a sinatura do convenio coa Peña Galega da Casa de Espanha de Río de Xaneiro
    A conselleira de Traballo e Benestar e o secretario xeral da Emigración, durante a sinatura do convenio coa Peña Galega da Casa de Espanha de Río de Xaneiro
  • A conselleira de Traballo e Benestar e o secretario xeral da Emigración da Xunta de Galicia durante a sinatura do convenio coa Peña Galega da Casa de Espanha de Río de Xaneiro
    A conselleira de Traballo e Benestar e o secretario xeral da Emigración da Xunta de Galicia durante a sinatura do convenio coa Peña Galega da Casa de Espanha de Río de Xaneiro
  • Miranda (primeiro pola dereita) e Mato (segunda) tamén visitaron a Associaçâo Recreio dos Anciâos para Asilo da Velhice Desamparada que dirixe a galega Regina Jallas  (terceira pola dereita)
    Miranda (primeiro pola dereita) e Mato (segunda) tamén visitaron a Associaçâo Recreio dos Anciâos para Asilo da Velhice Desamparada que dirixe a galega Regina Jallas (terceira pola dereita)
  • Miranda (primeiro pola dereita) e Mato (segunda) tamén visitaron a Associaçâo Recreio dos Anciâos para Asilo da Velhice Desamparada que dirixe a galega Regina Jallas  (terceira pola dereita)
    Miranda (primeiro pola dereita) e Mato (segunda) tamén visitaron a Associaçâo Recreio dos Anciâos para Asilo da Velhice Desamparada que dirixe a galega Regina Jallas (terceira pola dereita)
Listen to this page using ReadSpeaker
Río de Xaneiro, 13 de xullo de 2015.

O Goberno galego segue a reforzar o seu apoio ás necesidades socio-asistenciais básicas dos maiores galegos e galegas residentes no exterior. Nesta liña de actuación, a Consellería de Traballo e Benestar e a Secretaría Xeral da Emigración destinarán un total de 40.000 euros para a prestación de servizos sociais en Río de Xaneiro. En concreto, a titular de Benestar, Beatriz Mato, e o responsable de Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, asinaron hoxe un convenio de colaboración coa Peña Galega da Casa de España. Este protocolo servirá para apoiar ás e aos preto de 2.000 galegos e galegas residentes na zona.

Mato e Rodríguez Miranda destacaron a importancia de levar a cabo actuacións de apoio relativas ao persoal encargado das tarefas de prestación dos servizos de atención sociosanitaria e para promover accións que favorezan a realización pola entidade de programas de saúde e integración deste colectivo.

Así mesmo, sinalaron a necesidade de seguir  desenvolvendo accións formativas dirixidas á poboación sobre o dereito a saúde e sobre calquera outro aspecto de interese relacionado coa promoción, prevención e educación para a saúde.

Os responsables de Benestar e Emigración do Goberno galego tamén indicaron que as políticas socio-asistencias que se desenvolven desde a Xunta supoñen un importante complemento ás medidas que xa se realizan desde o Goberno Central, ao tempo que destacaron “a importancia de seguir garantindo a galeguidade en Latinoamérica”.

A Peña Galega da Casa de España é unha entidade sen ánimo de lucro que agrupa actualmente ao redor de 1.500 emigrantes galegos e galegas. Na actualidade, este colectivo está a levar a cabo unha importante política social asistencial orientada a facer efectiva a mellora da calidade de vida das persoas maiores pertencentes á colectividade galega. Nas súas instalacións, A Peña Galega da Casa de España xestiona e administra un centro de día no que proporciona ás e aos emigrantes galegos actividades sociais, culturais, recreativas, asistencias e sanitarias.

Associaçâo Recreio dos Anciâos
Trala visita á Peña Galega da Casa de España, Mato e Rodríguez Miranda visitaron a Sociedade Recreio dos Anciâos de Río de Xaneiro, que cumpre 75 anos desde que iniciou o seu labor de apoio e asistencia ás persoas maiores. Os responsables do Goberno galego visitaron tamén a parte das instalacións desta Sociedade que foron reformadas integramente e cuxas obras acaban de rematar.

A conselleira de Traballo e Benestar resaltou entre as e os maiores a importancia de que participen activamente na sociedade e “emprendan un envellecemento activo, coa máxima autonomía persoal e libres das situacións de dependencia”.

Neste senso, Mato sinalou que a Xunta ten desenvolvida para promover estes valores unha Estratexia de prevención da dependencia e un modelo de carteiras que permite que os servizos se adecúen as súas necesidades. Así mesmo, lembrou que o Goberno galego creou novas prazas e recursos e ten posto en marcha programas para o envellecemento activo.  

En definitiva, a titular de Benestar e o de Emigración sinalaron a importancia de seguir prestando apoio ao labor da emigración, dando cobertura ás entidades que traballan no exterior, xa que afirmaron que son “necesarias para seguir mantendo os lazos galegos fóra da nosa Comunidade”. Neste senso, Mato indicou que este mesmo ano investiranse 80.000 euros máis en convenios de similares características con outras entidades sociais de América Latina.

A Associaçâo Recreio dos Anciâos na actualidade conta con ao redor de 300 prazas para maiores, das que unha elevada porcentaxe se destina a persoas con orixe galega. É unha entidade benéfica creada no ano 1940, destinada a acoller persoas maiores de forma temporal ou permanente de xeito gratuíto dando prioridade ás e aos españois necesitados e persoas maiores. Neste centro, ofrécese ás persoas que acolle alimentación, vestiario e servizos médicos mellorando, así, o aspecto social, emocional e psicolóxico.

Canda Arxentina, Venezuela, Uruguai, México, e Cuba, Brasil concentra a unha porcentaxe importante da colectividade galega emigrada á outra beira do Atlántico. Segundo os datos máis recentes do INE, arestora residen no país carioca 46.217 galegas e galegos, das e dos que o 70 por cento son xa nados no propio país, constituíndo a semente dunha nova xeración da Galeguidade aínda máis inmersa na sociedade de acollida, pero que segue a sentirse fondamente vinculada coa Galicia territorial, tal e como demostra a súa activa participación en cantos programas desenvolve a Xunta no Brasil.

Previamente ao inicio desta visita, Mato e Rodríguez Miranda mantiveron unha xuntanza con Pablo Figueroa, conselleiro de Emprego e Seguridade Social na Embaixada de España en Brasil, para seguir traballando como parte da estreita colaboración que se está a desenvolver entre ambas administracións.

1705 lecturas