A Xunta participa na sinatura dun histórico acordo de colaboración entre as principais mutuas españolas de Uruguai

Alfonso Rueda e Antonio Rodríguez-Miranda, asistiron hoxe á presentación do acordo de colaboración entre a Casa de Galicia, a Asociación Española Primera de Socorros Mutuos, e o Hogar Español.

Entre as tres mutuas dan servizo a unhas 250.000 persoas.

O acto que tivo lugar na Embaixada de España, contou ca asistencia do Embaixador, Roberto Varela e do Ministro de Saúde Pública, Jorge Basso.

Posteriormente, participarán no Acto de entrega das medallas de honor da Emigración, outorgadas polo Ministerio de Empleo e Seguridade Social de España a seis emigrantes galegos.

  • Ademais do vicepresidente da Xunta (no centro) e o secretario xeral da Emigración (primeiro á esquerda) ao acto tamén asistiron o embaixador de España no Uruguai (cuarto pola esquerda) e o Ministro de Saúde Pública do Uruguai (segundo pola dereita)
    Ademais do vicepresidente da Xunta (no centro) e o secretario xeral da Emigración (primeiro á esquerda) ao acto tamén asistiron o embaixador de España no Uruguai (cuarto pola esquerda) e o Ministro de Saúde Pública do Uruguai (segundo pola dereita)
  • De esquerda a dereita: o ministro de Saúde Pública do Uruguai, Jorge Basso; o embaixador de España (o galego Roberto Varela); e o vicepresidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda
    De esquerda a dereita: o ministro de Saúde Pública do Uruguai, Jorge Basso; o embaixador de España (o galego Roberto Varela); e o vicepresidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda
  • Na imaxe, o momento de sinatura do acordo de colaboración entre as tres entidades, cuxas mutuas dan servizo a preto dunhas 250.000 persoas
    Na imaxe, o momento de sinatura do acordo de colaboración entre as tres entidades, cuxas mutuas dan servizo a preto dunhas 250.000 persoas
Listen to this page using ReadSpeaker
Montevideo (Uruguai), 8 de outubro de 2015.

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda e o secretario xeral da Emigración, Antonio Rodriguez Miranda participaron hoxe na sinatura dun histórico acordo de colaboración entre as principais mutuas españolas de Uruguai, nun acto que contou coa asistencia do Ministro de Saúde Pública de Uruguai, Jorge Basso

Alfonso Rueda, acompañado do secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez-Miranda, asistiu hoxe á presentación do acordo de colaboración entre as mutuas Casa de Galicia e a Asociación Española Primera de Socorros Mutuos, ademais do Hogar Español. O acto tivo lugar na Embaixada de España e que contou ca asistencia do Embaixador e do Ministro de Saúde Pública.

O número dous da Xunta, indicou que miles de galegas e galegos migraron ao país uruguaio onde comezaron a tecer unha rede de solidariedade e apoio mutuo que foi materializado en diversas iniciativas sociais, en paralelo co apoio institucional recibido dende o goberno galego, sendo tres das infraestruturas creadas máis representativa a Casa de Galicia en Montevideo, a Asociación Española Primera de Socorros Mutuos e o Hogar Español.

Estas tres entidades selan hoxe un acordo de colaboración histórica, segundo palabras do vicepresidente, que redunda nunha maior eficiencia aos coidados de saúde e asistencia social relacionados coa emigración española no Uruguai. Un acordo que racionaliza a maior parte dos seus recursos para investir no benestar e asistencia á e ao paciente, e así conseguir un sistema de saúde que, desde o primeiro ata o último das súas pezas (infraestrutura, persoal, servizos de atención ao paciente, ...) operan de forma coordinada e eficaz.

Polo que o acordo hoxe asinado permitirá reestruturar o sistema de asistencia social á emigración para anticipar situacións críticas, co obxectivo de reorganizar os prestadores de coidados, integrando un modelo de organización que reforce os servizos e elimine a duplicación, o que permite unha mellor xestión, mellor control do gasto e unha superior capacidade de negociar cos provedores de servizos de saúde.

Este acordo de cooperación entre Uruguai e España, entre a Casa de Galicia, a Asociación Española de Mutua Primera de Socorros Mutuos e o Hogar Español, reflexa a importancia que teñen para o goberno da Xunta as e as e os residentes da diáspora galega, para que poidan ter acceso á protección social en condicións de igualdade en Galicia; é dicir, coa mesma equidade e calidade que ofrece o seu país de orixe.

Medallas de honor da Emigración
Alfonso Rueda e Rodríguez Miranda posteriormente asistirán ao Acto de entrega das medallas de honor da Emigración, outorgadas polo Ministerio de Empleo e Seguridade Social de España, onde se porá de relevancia o papel dos emigrantes galegos e galegas como os mellores embaixadores do noso país.

Os nosos e as nosas emigrantes souberon sempre levar alto a bandeira de Galicia e España, e agora son os mellores embaixadores e embaixadoras de Galicia no mundo. Polo que a medalla que hoxe van recibir estes 6 galegos é un honor para o resto dos galegos e galegas que residen tanto na nosa comunidade coma na diáspora, sexa no país que sexa, por manter viva a memoria da nosa terra e dos nosos valores ao outro lado do Atlántico.

988 lecturas