A Xunta explora en México novas vías de negocio para as empresas do sector contract galego

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, iniciou hoxe a súa axenda institucional no país norteamericano. 

O conselleiro mantivo unha xuntanza co embaixador de España en México na que participaron preto dunha vintena de empresas do sector contract ás que acompaña en misión comercial ao país. 

Lembra que o obxectivo principal da viaxe é explorar novas oportunidades empresariais para Galicia, e o contract é un dos sectores que presenta maiores perspectivas de crecemento neste momento.

Destaca que México concentra o 45% de todas as exportacións galegas a Latinoamérica; de feito, desde 2009, creceron un 70% as empresas que exportan a este país.

A Xunta programou para este ano 10 accións comerciais en México para apoiar a expansión internacional das empresas galegas, e que desde 2016 leva acompañado xa un centenar delas por máis de 50 países, tanto en misións comerciais como na asistencia a feiras sectoriais.

  • O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, iniciou hoxe a súa axenda institucional en México cunha xuntanza co embaixador, José Luis Fernández-Cid
    O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, iniciou hoxe a súa axenda institucional en México cunha xuntanza co embaixador, José Luis Fernández-Cid
  • O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, iniciou hoxe a súa axenda institucional en México cunha xuntanza co embaixador, José Luis Fernández-Cid
    O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, iniciou hoxe a súa axenda institucional en México cunha xuntanza co embaixador, José Luis Fernández-Cid
Listen to this page using ReadSpeaker
Cidade de México, 15 de novembro de 2017.

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, iniciou hoxe a súa axenda institucional en México cunha xuntanza co embaixador, José Luis Fernández-Cid, na que tamén participaron preto dunha vintena de empresas galegas do sector contract ás que acompaña nunha misión comercial ao país.

Conde sinalou que o Goberno galego leva varios anos traballando en intensificar as relacións comerciais, tanto con México como con América Latina en xeral, onde asegurou que existen importantes posibilidades para o crecemento do noso tecido empresarial. Neste sentido, lembrou que o obxectivo principal da viaxe é explorar novas vías de negocio para as empresas galegas, e o contract é un dos sectores que presenta maiores perspectivas de crecemento neste momento.

Ao respecto, apuntou que o mercado do hábitat e do deseño está en pleno proceso de despegue en México. E tamén mencionou a puxanza do seu sector turístico e os futuros investimentos previstos para a vindeira década para ampliar e renovar as infraestruturas hoteleiras e comerciais da contorna. “Neste momento México supón unha oportunidade para o sector contract”, asegurou, e “Galicia quere estar presente”.

O sector contract galego confórmano hoxe en día preto de 100 empresas que xa teñen traballado en proxectos para cadeas de hoteis e diferentes firmas internacionais en máis de 90 países. O seu rexistro de exportacións a México acadou en 2016 un valor superior aos 10 millóns de euros.

México, dixo, “é un mercado consolidado para as empresas galegas e un aliado estratéxico para Galicia que abre moitas oportunidades para que as nosas empresas poidan gañar cota de mercado”. Concentra o 45% de todas as exportacións galegas a Latinoamérica; de feito, desde 2009, creceron un 70% as empresas que exportan a este país. De xaneiro a agosto deste ano, máis de 500 compañías venderon os seus produtos no mercado mexicano, un 4% máis que no mesmo período de 2016.

A finalidade desta misión comercial é deixar constancia do traballo que avala este sector, e da capacidade das empresas galegas para facer proxectos de deseño exclusivos e innovadores, con materiais de primeira calidade como a pedra ou madeira galega, e ofrecendo a maior flexibilidade na resposta ao cliente.

Apoiando a expansión internacional das empresas galegas
Durante esta viaxe, a delegación de empresas que o acompañan participarán en diversos encontros de networking en Ciudad de México, Mérida e Cancún, onde terán ocasión de afianzar novos contactos e oportunidades de negocio.

É unha das 27 accións comerciais Galicia-México programadas pola Xunta entre 2016 e 2018, con máis de 200 empresas galegas participantes. Abranguen 13 misións directas ao país, 6 misións inversas a Galicia e a asistencia a 8 eventos expositivos. Cara a outros países, cada ano a Xunta organiza máis de 150 accións promocionais agrupadas a 48 países, nas que participan máis de 450 empresas.

233 lecturas