Último mes de prazo para presentar solicitudes ás subvencións para emprendedoras e emprendedores retornados

Cómpre lembrar que poden acollerse a estas axudas, de ata 8.000 euros, todos aqueles e aquelas que puxeran en marcha unha empresa ou negocio na Galicia territorial nos dous últimos anos. 

Esta iniciativa complementa, sen excluílas, outras axudas para emprededoras e emprendedores doutros departamentos autonómicos e doutras institucións públicas e privadas. 

O prazo de solicitude remata o 29 de setembro
O prazo de solicitude remata o 29 de setembro
Santiago de Compostela, 9 de setembro de 2017.
Listen to this page using ReadSpeaker

Tanto as persoas galegas que residen no Exterior como aquelas que, residindo xa na Galicia territorial, volveran hai menos de dous anos, poden acollerse ás subvencións para promover o autoemprego e a actividade emprendedora na Comunidade Autónoma galega por parte das persoas retornadas, cuxo prazo de solicitude remata o vindeiro 29 de setembro. Cómpre salientar que, se teñen unha empresa en marcha, e retornaron hai menos de dous anos, teñen tamén dereito a estas axudas.

Esta convocatoria, que no presente ano xa ten recibido a data de hoxe un total de 27 solicitudes, ten dado pulo a 51 empresas desde a súa posta en marcha, e a súa concesión complementa, sen excluílas, as axudas doutros departamentos da Xunta, como a Consellería de Economía, Emprego e Industria, ou o IGAPE, para autónomos e autónomas e emprendedores galegos e galegas, residan onde residan. Tamén son perfectamente compatibles coas que convoquen outras institucións e organismos, públicos e privados.

A contía tope da axuda é de 8.000 euros por iniciativa de emprego ou autoemprego, fondos dos que, segundo destaca o secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, “poden ser beneficiarios tanto os galegos que arestora residen no Exterior e están pensando en retornar á terra, como aquelas e aqueles que viñeron hai menos de dous anos e que, ou ben están pensando en montar o negocio, ou ben xa o teñen montado nese tempo”.

833 lecturas