Rodríguez Miranda destaca que en 2017 o número de galegas e galegos residentes en Galicia nados no exterior incrementouse en 6.696, dato que confirma o retorno da mocidade descendente de emigrantes

Miranda reiterou novamente en Celanova o traballo comprometido do Goberno galego cos galegos e as galegas de Venezuela, tanto na atención social ás e aos que aínda residen no país americano, como ás familias retornadas.

O secretario xeral da Emigración tamén salientou a gran demanda que están a ter os programas incluídos dentro da Estratexia Retorna 2020 como as Bolsas Excelencia Mocidade Exterior, con máis de 350 solicitantes na convocatoria actual.

  • O secretario xeral salientou a gran demanda que están a ter os programas incluídos dentro da Estratexia Retorna 2020
    O secretario xeral salientou a gran demanda que están a ter os programas incluídos dentro da Estratexia Retorna 2020
  • O secretario xeral salientou a gran demanda que están a ter os programas incluídos dentro da Estratexia Retorna 2020
    O secretario xeral salientou a gran demanda que están a ter os programas incluídos dentro da Estratexia Retorna 2020
  • Nas xornadas participou unha técnica de Emigración, quen informou ás e aos asistentes sobre as diferentes liñas da acción da Estratexia Retorna 2020
    Nas xornadas participou unha técnica de Emigración, quen informou ás e aos asistentes sobre as diferentes liñas da acción da Estratexia Retorna 2020
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 30 de xuño de 2018.

Celanova acolleu este sábado as Xornadas informativas sobre emigración e retorno, organizadas polo Concello de Celanova, a Secretaría Xeral da Emigración, FEVEGA, a Asociación Cultural Cantaclaro e APEJUVEG. Na apertura participou o alcalde de Celanova, que deu a benvida ás e aos asistentes, e foron clausuradas polo secretario xeral da Emigración.

O titular de Emigración destacou a importancia da Estratexia Retorna 2020 que a Xunta de Galicia aprobou recentemente e que conta con medio cento de medidas tanto específicas como transversais, co obxectivo de incrementar nun 50% o número de retornadas e retornados nos vindeiros anos, ata superar os 20.000.

Bolsas Excelencia Mocidade Exterior 
O secretario xeral salientou a gran demanda que están a ter os programas incluídos dentro da Estratexia Retorna 2020 como as Bolsas Excelencia Mocidade Exterior, con máis de 350 solicitantes na convocatoria actual. Este ambicioso proxecto pretende, por unha banda, contribuír a paliar a crise demográfica que está a atravesar Galicia e, por outra, facilitar o dereito dos emigrantes galegos e galegas, e mailos seus e as súas descendentes, a regresar á súa terra de orixe.

O responsable autonómico destacou que, de acordo cos datos recentemente publicados polo INE, no último ano incrementouse en 6.696 o número de galegas e galegos residentes en Galicia que naceron no exterior, o que confirma o retorno das novas xeracións descendentes de emigrantes. Ademais, Miranda tamén puxo en valor que Galicia está en cifras positivas de saldo migratorio, superando no último ano 2017 en 6.769 o número de entradas sobre o de saídas de Galicia. Este dato supón mellorar en máis do dobre o dato do ano 2016, que era de 2.809 persoas.

Ante un auditorio maioritariamente formado por persoas retornadas de Venezuela, o secretario xeral da Emigración reiterou novamente o traballo comprometido do Goberno galego cos galegos e as galegas de Venezuela, tanto na atención social ás e aos que aínda residen no país americano, como ás familias retornadas.

Información e asesoramento
Nestas xornadas participou unha técnica do departamento de Emigración, quen informou ás e aos asistentes sobre as diferentes liñas da acción que contempla a Estratexia Retorna 2020. Tamén houbo intervencións do presidente de FEVEGA, Manuel Pérez, dun representante de APEJUVEG e da Presidenta da Asociación cultural CantaClaro de Celanova, Daysi Ramírez. Contou, ademais, cunha parte dedicada  ao asesoramento e atención individualizada ás venezolanas e venezolanos retornados a cargo dos técnicos da Oficina de Información de FEVEGA.

401 lecturas