Rodríguez Miranda acompaña os participantes deste ano nas “Escolas Abertas” na súa exhibición polas rúas de Ourense

Milleiros de galegas e galegos da diáspora benefícianse deste programa de formación permanente e especializada en diversas áreas, cuxos alumnos e alumnas despois espallan e divulgan nas súas áreas de residencia habitual

Os 80 rapaces e rapazas participantes na edición deste ano nos cursos de gaita tradicional galega, baile tradicional galego, percusión tradicional galega, canto popular e pandeireta, e confección de traxe tradicional galego, amosaron o seu bo facer na Praza de San Martiño, en pleno casco monumental ourensán

Trátase dun programa polo que formadores e formadoras das distintas comunidades galegas do mundo melloran a súa capacitación, grazas ao cal a cultura galega se espalla entre as segundas xeracións da diáspora, que xa conforman máis do 70% dos paisanos e paisanas no exterior

  • O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, a delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, e o alcalde, Jesús Vázquez, acompañaron esta tarde no casco vello ourensán a exhibición do alumnado da edición deste ano 2016 de “Escolas Abertas”
    O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, a delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, e o alcalde, Jesús Vázquez, acompañaron esta tarde no casco vello ourensán a exhibición do alumnado da edición deste ano 2016 de “Escolas Abertas”

Ourense, 26 de xullo de 2016.
Listen to this page using ReadSpeaker

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, a delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, e o alcalde, Jesús Vázquez, acompañaron esta tarde no casco vello ourensán a exhibición do alumnado da edición deste ano 2016 de “Escolas Abertas”, coa que os formadores e formadoras participantes na iniciativa quixeron compartir os seus coñecementos, e agradecer o trato recibido, ao público da cidade que os acolleu durante a súa estadía na Galicia territorial.

Trátase dun programa que pretende espallar a cultura, modo de vida e actualidade de Galicia por todo o mundo a través da convivencia e estadía de individuos que transmitirán a súa experiencia propia a moitos outros nos seus lugares de orixe ou residencia habitual, mediante o efecto multiplicador dos cursos formativos. Desta maneira, a Galicia actual dáse a coñecer da maneira máis efectiva e afectiva.

Os alumnos e alumnas deste programa son, á súa vez, formadores e formadoras nos lugares dos que proceden, polo que os seus coñecementos e tamén a súa experiencia de contacto directo coa realidade actual do país chega así aos cidadáns da Galicia do exterior. Coa instrución e mellora de habilidades dos participantes na iniciativa, acrecéntase o interese e a formación de milleiros de galegas e galegos residentes, e mesmo nados, fóra da Galicia territorial.

Así, e segundo o secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, “a formación, a través dos participantes en Escolas Abertas, espállase a decenas de milleiros de alumnas e alumnos polos centros e casas de Galicia no mundo”. Ata o momento, téñense formado directamente nas distintas edicións do programa en torno a 800 persoas, pero cada unha delas transmite despois os seus coñecementos e aprendizaxe aos respectivos alumnados nos centros e casas de Galicia onde imparten as clases.

Primeira vez en Ourense

O programa desenvólvese de maneira rotatoria en distintas instalacións de Galicia, sendo a primeira vez que se leva a cabo no I.E.S. Universidade Laboral de Ourense, mercé ao apoio da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, que cede as instalacións. Desta maneira, danse a coñecer directa e persoalmente aos formadores –moitos deles galegas e galegos de segunda xeración, nados xa no estranxeiro- distintas zonas do territorio galego. Ademais, esta variedade de emprazamentos contribúe a enriquecer a diversidade cultural propia da nosa terra.

Cómpre salientar que esta ‘formación de formadores’ permite que se fortalezan e redobren os vencellos con Galicia das segundas xeracións (cidadáns galegos xa nados no exterior), que arestora conforman xa máis do setenta por cento da diáspora, e que supoñen un activo e unha avantaxe comparativa de primeira orde na expansión internacional de Galicia.

Os cursos que se levaron a cabo nesta edición de 2015 consistiron en obradoiros de especialización das seguintes modalidades: gaita tradicional galega, baile tradicional galego, percusión tradicional galega, canto popular e pandeireta, e confección de traxe tradicional galego. Cómpre salientar que sempre se trata de obradoiros que teñen unha ampla demanda por parte das entidades galegas no exterior, criterio básico seguido por Emigración para a convocatoria destes cursos.

En imaxes