Novas
Buscador
Últimos 6 meses-
21Outubro2017O secretario xeral da Emigración entrevistouse co presidente do Club Español de Niteroi audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, recibiu en audiencia na sede do departamento que dirixe en Santiago de Compostela a Joaquim Lopes Días Teixeira, presidente do Club Español de Niteroi (Brasil), quen estivo acompañado pola súa dona, María Consuelo Pérez Lemos. Miranda e Lopes analizaron a actualidade da colectividade galega no Brasil -o segundo país, despois da Arxentina, con máis galegas e galegos residentes-, e este... Máis información
-
21Outubro2017Antonio Rodríguez Miranda entrevistouse con José Gómez Vilacoba, do Centro Galego de Porto Rico audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, entrevistouse no seu despacho na capital de Galicia con José Gómez Vilacoba, do Centro Galego de Porto Rico. Nado no lugar de Pedrouzos (Ames - A Coruña), Vilacoba presidiu durante moitos anos a única colectividade galega oficialmente constituída na illa. Máis información
-
20Outubro2017Miranda recibiu en audiencia ao presidente da Hermandad Gallega de Valencia audio O secretario xeral da Emigración da Xunta de Galicia, Antonio Rodríguez Miranda, recibiu en audiencia no seu despacho en Santiago de Compostela ao presidente da Hermandad Gallega de Valencia (Venezuela), Manuel Fajín, con quen analizou a actualidade da colectividade galega residente naquela cidade. Valencia, con máis de 1,9 millóns de habitantes, é -despois de Caracas e Maracaibo- a terceira cidade máis poboada do país caribeño. Máis información
Páxinas |