O secretario xeral da Emigración visitou a colectividade galega de Santiago e Valparaíso na que foi a súa primeira visita a Chile

As galegas e os galegos de Chile recibiron a visita de Antonio Rodríguez Miranda, secretario xeral da Emigración, o pasado 11 de abril.

  • El secretario xeral da Emigración departió con las y los integrantes del coro del Centro Gallego de Valparaíso
    El secretario xeral da Emigración departió con las y los integrantes del coro del Centro Gallego de Valparaíso
  • En la imagen, Antonio Rodríguez Miranda en el encuentro con la colectividad gallega de Valparaíso
    En la imagen, Antonio Rodríguez Miranda en el encuentro con la colectividad gallega de Valparaíso
  • El secretario xeral da Emigración en su visita al Estadio Español de Valparaíso-Viña del Mar
    El secretario xeral da Emigración en su visita al Estadio Español de Valparaíso-Viña del Mar
  • El responsable de Emigración del Gobierno gallego también se reunió con las Damas de Beneficencia Española Valparaíso
    El responsable de Emigración del Gobierno gallego también se reunió con las Damas de Beneficencia Española Valparaíso
  • El secretario xeral da Emigración con las socias y socios del Centro Gallego del Perú, que visitó antes de su viaje a Chile
    El secretario xeral da Emigración con las socias y socios del Centro Gallego del Perú, que visitó antes de su viaje a Chile
  • Miranda, con la colectividad de empresarias y empresarios gallegos con negocios en el Perú
    Miranda, con la colectividad de empresarias y empresarios gallegos con negocios en el Perú
Santiago de Chile, 15 de abril de 2014.
Listen to this page using ReadSpeaker

Nada máis tomar terra no país andino na tarde do pasado venres, o secretario xeral da Emigración do Goberno de Galicia, Antonio Rodríguez Miranda, partiu con destino a Valparaíso xunto coa presidenta -María Myriam López- e do secretario -Francisco Bustos Palomino- do Lar Gallego da capital chilena e o conselleiro de Emprego e Seguridade Social da Embaixada de España, Carlos Tortuero Martín. Alí reuníronse con socios e socias, directiva e amigos e amigas do Centro Galego de Valparaíso e puideron coñecer de primeira man as experiencias e inquietudes das galegas e os galegos residentes na zona de Viña do Mar e do propio Valparaíso.

O sábado 12 de abril, xa de volta en Santiago de Chile, Antonio Rodríguez Miranda participou na ofrenda floral ao Memorial dos Bombeiros Mártires e, despois, no acto de entrega formal da axuda enviada polo Consorcio de Bombeiros da Coruña á Confederación de Bombas Españolas de Chile - CONBECH, consistente en pezas de vestir para as Bombas Españolas de Chile, na Décima Compañía Bomba España. Trátase dunha valiosa axuda xestionada polo Lar Gallego, a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Xunta de Galicia e a propia Secretaría Xeral da Emigración. Os anfitrions, José Plubins Romeo, Director da Bomba España de Santiago, e Andrés Salinas Ripoll, Presidente da CONBECH, agradeceron a Rodríguez Miranda esta importante colaboración. Cabe salientar que as e os bombeiros en Chile son voluntarios e a Bomba España de Santiago é un ícono de tradición e solidariedade no país. Ademais, este corpo conta entre os seus membros con tres bombeiros de orixe galega con máis de 50 anos de servizo. O acto, no que tamén estivo presente o Delegado da Xunta de Galicia en Bos Aires, Alejandro López Dobarro, finalizou co son das gaitas, a danza e o canto que achegou o grupo do Lar Gallego, pechando de forma emotiva o evento.

Xa á noite, inaugurouse a exposición fotográfica Emigración Gallega a América, onde estiveron presentes Antonio Rodríguez Miranda, Alejandro López Dobarro, Carlos Tortuero Martín e María Myriam López Marín, entre outros e outras asistentas. Esta mostra puido realizarse grazas á Delegación en Bos Aires da Xunta de Galicia, que contou coa colaboración do Directorio, Xerencia e Departamento Social e Cultural de Estadio Español de Las Condes, xunto co Lar Gallego de Chile. Á mostra agregouse un arquivo fotográfico recompilado polo Lar Gallego, con información dixital histórica, que recolle dende as e os pioneiros da emigración galega ata as e os novos emigrantes que chegaron ao país, acompañado dunha nota que leva por nome La Huella de Galicia en Chile.

Finalmente, visitantes, persoas asociadas, aqueles e aquelas que prestaron a súa colaboración e amigos e amigas do Lar Gallego e doutras colectividades compartiron un cóctel de camaradaría e a presidenta do Lar Gallego, María Myriam López, agradeceu a presenza das autoridades da Xunta de Galicia no país.

Foi, sen dúbida, un esforzo importante pero que, en opinión unánime de todas e todos os integrantes do Lar Gallego de Chile, volverían realizar..

 

Fonte: Lar Gallego de Chile

588 lecturas