O San Froilán de Lugo terá unha delegación en Barcelona

Listen to this page using ReadSpeaker

As festas de San Froilán, de Lugo, terán unha versión catalá, ao igual que acontece coa Feira de Abril de Cataluña. Os Amogis de San Froilán e a Peña Deportivista organizaron na Praza Maior de Nou Barris unha festa de sabor galego, entre os días 30 de setembro e dous de outubro. Os actos comezarán o 30 co izado da bandeira galega e os sons da Banda de Gaitas Rosalía de Castro de Cornellá.

O próximo un de outubro haberá actuacións do Centro Galego de Barcelona, a Escola de baile Tot Compás, a Banda Sinfónica de Nou Barris, o grupo Toxos e Xestas de Barcelona e Airiños Galegos da asociación Alborada de Llagosta.

O día dous a música correrá a cargo da banda de gaitas Cantigas e Agarimos de Badalona e, entre outras actividades, haberá unha misa en honor a San Froilán con música de grupos galegos.

 

Fonte: La Región Internacional | Foto: Facebook San Froilán Nou Barris

967 lecturas