O Paraninfo acolleu a Xornada de Recepción ás e aos 33 beneficiados cunha das 100 ‘Bolsas Excelencia Mocidade Exterior’ que cursarán un máster na Universidade de Santiago

Estiveron acompañadas e acompañados polo secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, a Vicerreitora de Internacionalización da Universidade de Santiago de Compostela, Almudena Hospino Quintana, a subdirectora xeral de Política Lingüística, María Lourdes Batán Aira e o subdirector xeral de Emprego,Juan José Lirón Lago. 

Na iniciativa participan un total de 100 mozos e mozas galegos residentes no exterior.

  • A xornada desenvolveuse no Paraninfo da USC (na Facultade de Xeografía e Historia)
    A xornada desenvolveuse no Paraninfo da USC (na Facultade de Xeografía e Historia)
  • A xornada desenvolveuse no Paraninfo da Universidade de Santiago (na Facultade de Xeografía e Historia)
    A xornada desenvolveuse no Paraninfo da Universidade de Santiago (na Facultade de Xeografía e Historia)
Santiago de Compostela, 2 de outubro de 2017.
Listen to this page using ReadSpeaker

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, a vicerreitora de Internacionalización da Universidade de Santiago de Compostela, Almudena Hospino Quintana, Margarita Amor López, a subdirectora xeral de Política Lingüística, María Lourdes Batán Aira e o subdirector xeral de Emprego, Juan José Lirón Lago, acompañaron hoxe no Paraninfo da Universidade compostelá aos mozos e mozas que están a participar este ano no programa ‘100 Bolsas Excelencia Mocidade Exterior’ mentres recibían información sobre a súa estadía nos diferentes másteres.

Este programa, impulsado polo Goberno galego, está dirixido aos mozos e mozas de orixe galega ou descendentes de persoas galegas que residen no exterior. As e os seleccionados teñen a posibilidade de adquirir unha especialización académica de máster nunha universidade galega, coa finalidade que amplíen a súa formación e adquiran competencias e habilidades que favoreza a súa inserción laboral e futuro profesional en Galicia e que a sociedade galega se enriqueza cos coñecementos e experiencias profesionais internacionais que aporten estes galegos e galegas con formación universitaria.  

Estas bolsas de estudo en Galicia mellorarán a ligazón entre as e os participantes e a súa terra de orixe. Para moitas e moitos deles trátase da primeira oportunidade de coñecer fisicamente a terra das e dos seus devanceiros e as súas familias aquí residentes.

Nesta primeira edición participan un total de 100 mozos e mozas, procedentes de 16 países como Arxentina, Uruguai, Venezuela, Cuba, Brasil, México, Panamá, Chipre, Reino Unido, Costa Rica, Polonia, Alemaña ou Suíza, das e dos cales 33 elixiron estudar un máster na Universidade de Santiago.

O programa da xornada de Recepción contou con presentacións de Política Lingüística, para que coñezan as posibilidades de estudo da lingua materna de Galicia; da Secretaría de Traballo, na que coñeceron as posibilidades laborais e os programas de acceso ao emprego da Xunta de Galicia; e finalmente asistiron a unha presentación da Dirección de Turismo na que un técnico amosoulles o abanico de posibilidades para completar a súa formación na universidade con actividades culturais e deportivas compartidas con mozas e mozos residentes en Galicia.

146 lecturas