O embaixador de Cuba visita o Parlamento de Galicia

  • De esquerda a dereita: o secretario xeral da Emigración; o presidente do Parlamento de Galicia; o embaixador de Cuba en España e o cónsul xeral de Cuba en Santiago de Compostela
    De esquerda a dereita: o secretario xeral da Emigración; o presidente do Parlamento de Galicia; o embaixador de Cuba en España e o cónsul xeral de Cuba en Santiago de Compostela
  • O embaixador de Cuba en España, Gustavo Machín Gómez, asinando no Libro de ouro da Cámara
    O embaixador de Cuba en España, Gustavo Machín Gómez, asinando no Libro de ouro da Cámara
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 8 de febreiro de 2018.

O presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices Vieira, recibiu este mediodía no seu despacho da Cámara ao embaixador de Cuba en España, Gustavo Machín Gómez, ao que convidou a asinar no Libro de ouro da Cámara.

Durante a reunión, Santalices Vieira interesouse polas relacións bilateriais hispano-cubanas, recordou a impronta da colonia galega na illa e entregou ao diplomático un libro sobre os símbolos de Galicia, dado que o Himno Galego foi estreado no Centro Galego da Habana en 1907.

Despois da entrevista, o embaixador cubano efectuou unha visita guiada ao Parlamento de Galicia.

1114 lecturas