O Conselleiro de presidencia e o Secretario Xeral da Emigración viaxan á Venezuela

Desprazaranse ata Caracas e Valencia, onde reside a mayor parte da colonia galega da República Bolivariana, que ten censados uns 35.000 galegos, segundo datos do CERA.

A Xunta apoiará convenios de colaboración con diferentes entidades, polos que se verán beneficiados os galegos inscritos no área de influencia de Caracas e do municipio Valencia.

Visitarán centros galegos emblemáticos da colectividade galega no país, como a Hermandad Gallega de Venezuela ou a Hermandad Gallega de Valencia.

Estreitarán novos lazos de colaboración institucional: xuntaranse co embaixador de España en Venezuela, Dámaso de Lario.

Listen to this page using ReadSpeaker
19 de abril de 2010.

O conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Alfonso Rueda, xunto ao secretario xeral da Emigración, Santiago Camba, iniciarán unha nova viaxe institucional durante catro días – do 23 ao 26 de abril- á República Bolivariana de Venezuela.

A delegación autonómica desprazarase ata a capital, Caracas, e ao municipio de Valencia, puntos nos que reside a maior parte da colonia galega da República Bolivariana- en total uns 35.000 galegos, segundo datos do CERA-. En ámbalas dúas áreas de influencia a Xunta de Galicia asinará acordos de colaboración con diferentes entidades en materia de información e asesoramento e de atención sociosanitaria.

A axenda do conselleiro da Presidencia e mailo responsable da Emigración da Xunta inclúe visitar centros emblemáticos como a Hermandad Gallega de Venezuela ou a Hermandad Gallega de Valencia. Así mesmo, as autoridades autonómicas aproveitarán para entrevistarse cos directivos das sociedades e manterán varios encontros coa colectividade.

O programa completarase cunha recepción oficial do embaixador de España en Venezuela, Dámaso de Lario, na que estará tamén presente o cónsul General de España en Caracas, Aníbal Jiménez.

1961 lecturas