O Centro Galego de Tenerife celebrou o Día das Letras Galegas 2016 homenaxeando a Manuel María e Xoel Ferral

  • Manuel María e Xoel Ferral foron os homenaxeados
    Manuel María e Xoel Ferral foron os homenaxeados

Listen to this page using ReadSpeaker
Sta. Cruz de tenerife, 24 de maio de 2016.

O pasado venres 21 de maio o Centro Galego de Santa Cruz de Tenerife celebrou o Día das Letras Galegas, este ano dedicado pola Real Academia Galega ao poeta lucense Manuel María, con notable afluencia de público, aproveitando a efeméride para homenaxear ao tamén poeta galego Xosé Elías Ferreiro Ferreiro Álvarez ("Xoel Ferral"), natural de Parada de Sil (Ourense), que residiu moitos anos na capital chicharreira, ata o seu falecemento.

O acto comezou coa proxección dun audiovisual coa relación de todos os homenaxeados e homenaxeadas pola Real Academia Galega ata a data. A continuación fíxose un descrición bio-bibliográfica de Manuel María e Xoel Ferral, e Eduardo Sánchez Solla, presidente da entidade, e Mercedes Cochón Davila, vicepresidenta, leron varios poemas dos homenaxeados. Así mesmo, o Centro Galego de Tenerife entregou unha placa conmemorativa do acto ao fillo de Xosé Elias Ferreiro, Antonio Ferreiro, presente no acto con outros familiares do escritor.

Finalizou o acto coa actuación do Grupo de Gaitas, a interpretación do himno galego e con obsequio dun viño galego e empanada ás e os asistentes.

Fonte e fotos: Centro Gallego de Sta. Cruz de Tenerife

485 lecturas