O Centro Galego de Santander festexa con gran solemnidade ao santo patrón Santiago

  • Foto 1. O presidente do Centro Galego, José Antonio Otero, entrega o pano do Centro ao vogal Alejandro Llano
    Foto 1. O presidente do Centro Galego, José Antonio Otero, entrega o pano do Centro ao vogal Alejandro Llano
  • Foto 2. Actuación do Grupo “Santaia” de Oleiros (A Coruña)
    Foto 2. Actuación do Grupo “Santaia” de Oleiros (A Coruña)
  • Foto 3. Desfile do Grupo de Gaitas do Centro Galego de Santander “Airiños da Terra”, no inicio das festas de Santiago de Santander
    Foto 3. Desfile do Grupo de Gaitas do Centro Galego de Santander “Airiños da Terra”, no inicio das festas de Santiago de Santander
  • Foto 4. Membros do Traje Regional Cántabro de Torrelavega portando a imaxe do Apóstolo
    Foto 4. Membros do Traje Regional Cántabro de Torrelavega portando a imaxe do Apóstolo
  • Foto 5. Desfile de Santiago. A alcaldesa de Santander, Gema Igual (3ª pola dereita), en compañía da Xunta Directiva do Centro Galego e a concelleira Pilar Pescador (2ª pola esquerda)
    Foto 5. Desfile de Santiago. A alcaldesa de Santander, Gema Igual (3ª pola dereita), en compañía da Xunta Directiva do Centro Galego e a concelleira Pilar Pescador (2ª pola esquerda)
  • Foto 6. O presidente do Centro Galego, José Antonio Otero, pronunciando a Invocación ao Apóstolo Santiago
    Foto 6. O presidente do Centro Galego, José Antonio Otero, pronunciando a Invocación ao Apóstolo Santiago
  • Foto 7. Foto de familia na igrexa de Santa Lucía de Santander
    Foto 7. Foto de familia na igrexa de Santa Lucía de Santander
  • Foto 8. O Coro “Voces de Santander” coa súa directora Beatriz (en primeiro termo) o día de Santiago 2018
    Foto 8. O Coro “Voces de Santander” coa súa directora Beatriz (en primeiro termo) o día de Santiago 2018
  • Foto 9. O Grupo do Centro Galego de Santander “Airiños da Terra” actuando na praza de Cañadío
    Foto 9. O Grupo do Centro Galego de Santander “Airiños da Terra” actuando na praza de Cañadío
  • Foto 10. Actuación do grupo folclórico do “Traje Regional Cántabro” de Torrelavega na praza de Cañadío
    Foto 10. Actuación do grupo folclórico do “Traje Regional Cántabro” de Torrelavega na praza de Cañadío
  • Foto 11. O Grupo de Gaitas “Santaia” de Oleiros (A Coruña) actuando na praza Pombo de Santander
    Foto 11. O Grupo de Gaitas “Santaia” de Oleiros (A Coruña) actuando na praza Pombo de Santander
Listen to this page using ReadSpeaker
Santander (Cantabria), 13 de agosto de 2018.

O pregón de Santiago 2018 correu, o pasado 24 de xullo, a cargo do vogal da entidade Alejandro Llano Pallares, vinculado, do mesmo xeito que a súa familia, ao Centro durante décadas. O público que enchía completamente o salón Rosalía de Castro seguiu  con gran interese o seu relato. Posteriormente, o presidente do Centro, José Antonio Otero, impúxolle o tradicional pano da Casa de Galicia (foto 1).

Nese mesmo día do pregón contouse coa presenza no Centro do Grupo de Baile e Gaitas 'Santaia', procedente da localidade coruñesa de Santa Cruz (Liáns, Oleiros) que coa súa brillantísima intervención encheu de colorido e alegría o salón de actos, interpretando de forma moi orixinal música e baile tradicional da nosa querida Galicia (foto 2).  O broche final a este emotivo acto foi a interpretación dos himnos de Galicia, Cantabria e España, na que participou o grupo de gaitas do Centro Galego 'Airiños da Terra', magnificamente coordinado por Restituto Díez. Nos preparativos da festa maior da entidade, toda a Xunta Directiva puxo o seu gran de area e especialmente  Carmen Rivas, Josefina Rodríguez, Jesús Ferreño e Roberto del Rivero, contando ademais coa axuda especial de Luís Fernández e  Fran Staffords. 

O  venres 20, coincidindo co inicio da Semana Grande de Santander, as Casas Rexionais participaron no desfile que partindo de Puertochico, percorrendo a cidade ata a praza do Concello, onde tivo lugar o tradicional Chupinazo que marcou o inicio das festas de Santiago 2018. A comitiva foi encabezada polo Grupo folclórico 'Airiños da Terra' (Foto 3), moi aplaudido polo numerosísimo público que enchía as rúas de Santander. 

A celebración do Día do Apóstolo
O día 25, mércores, coa tradicional procesión de Santiago presidida pola Xunta Directiva, a alcaldesa de Santander, Gema Igual Ortiz, e o delegado de Defensa, coronel Ignacio Yañez González, deuse comezo ao día grande deste programa de festas. A comitiva encabezada polo Grupo de Baile e Gaitas 'Santaia' percorreu as rúas de Peña Herbosa e Hernán Cortes acompañada dun gran número de socias e socios, o Grupo Folclórico 'Airiños da  Terra' e a  Asociación do Traje Regional Cántabro de Torrelavega, que como é xa tradicional portaron  a imaxe do Apóstolo, nesta ocasión custodiada pola Asociación de Veteranos de la Armada, desde a sede do Centro  Galego, ata a Igrexa de Santa Lucía (fotos 4 e 5). Ás 12:00 h tivo lugar a Santa Misa na Igrexa parroquial de Santa Lucia, concelebrada polo seu párroco titular, D. José. Asistiron tamén, a concelleira do  Concello de Santander, Ana María González-Pescador,  así como o actual delegado de Defensa, Ignacio Yañez, así como os  ex-delegados Miguel Angel Merino e José María Grande, acompañados polas súas donas, Rosa, Asun e Gloria. Durante a celebración da Santa Misa fixéronse as lecturas a cargo de Carmen Elena Rivas e Carmen López. As peticións foron feitas polas e os integrantes do Grupo folclórico 'Airiños da Terra' Carmen Díez e Javier Cotera. Posteriormente, o presidente do Centro, José Antonio Otero Hermida, pronunciou a tradicional invocación ao Apóstolo. (foto 6). Na mesma, tras lembrar ás socias e socios falecidos, rogou ao Apóstolo Santiago a súa intercesión para resolver os graves problemas polos que atravesa España, derivados principalmente da crise económica e a nova situación exposta da división da nación española,  a crise humanitaria dos refuxiados e refuxiadas, así como os sufrimentos polos que están a pasar as nosas nacións irmás de Venezuela e Nicaragua. 

Ao finalizar a Santa Misa, o Grupo de baile  e  gaitas Santaia interpretou con gran solemnidade o himno do Antigo Reino de Galicia. Posteriormente fíxose a tradicional foto de familia diante do altar maior (foto 7). A intervención do coro Voces de Santander axudou a dar solemnidade ao oficio relixioso (foto 8). A continuación tivo lugar a tradicional actuación dos grupos folclóricos nas populares prazas de Pombo e Cañadío ( fotos 9,10 e 11). 

Posteriormente, nos salóns do Centro Galego, celebrouse  o tradicional Xantar Galego de Irmandade, cunha gran asistencia de socias e socios, os grupos folclóricos, a Asociación de Veteranos de la Armada, así como as autoridades civís e militares,  como Marina Lombó, en representación do conselleiro de Presidencia e Xustiza do Goberno de Cantabria; o actual reitor da Universidade de Cantabria, Ángel Pazos; e  o  delegado de Defensa, Ignacio Yáñez; e os  ex delegados Miguel Ángel Merino e José María Grande; e o xefe superior de Policía, Héctor Moreno; as e os representantes das casas rexionais residentes en Cantabria, así como a Asociación do Traje Regional Cántabro de Torrelavega. Para finalizar serviuse unha queimada, preparada polo mestre de cerimonias da entidade -e ex vogal da Xunta Directiva- Luís Fernández.

Fonte e fotos: Centro Galego de Santander

899 lecturas