O Centro Galego de Lleida celebrou a súa xa tradicional festa da "Matanza do porco"

Esta entidade galega de Cataluña, fundada no 1977, tense convertido dende aquela nun referente social e cultural da cidade do Segre.

  • A Semana Cultural, a celebración do Día das Letras Galegas, as festas do polbo ou da calçotada, conferencias e obradoiros son algunhas das numerosas actividades que organiza o Centro Galego ao longo do ano
    A Semana Cultural, a celebración do Día das Letras Galegas, as festas do polbo ou da calçotada, conferencias e obradoiros son algunhas das numerosas actividades que organiza o Centro Galego ao longo do ano

Listen to this page using ReadSpeaker
Lleida, 27 de xaneiro de 2014.

Este pasado domingo 26 de xaneiro, dando continuidade a unha tradición que xa se remonta a varias edicións anteriores, o Centro Galego de Lleida (Casa de Galicia) celebrou “A Matanza do porco” no local que a entidade galega posúe no coñecido barrio de Pardinyes da capital ilerdense. Esta festa reuniu a un numeroso grupo de comensais que puideron degustar un xantar baseado en produtos derivados do porco. Grazas ao socio Xosé Domínguez, e ás e aos membros da xunta directiva do Centro que lle axudaron, o evento resultou novamente exitoso, como ben se amosa nas imaxes que acompañan.

O presidente da entidade, Xosé Terceiro, quixo agradecer a súa asistencia e participación ás e aos moitos socios e amigas e amigos que encheron o local, así como á representación institucional e autoridades locais, entre ás e os que se atopaban os concelleiros do Concello de Lleida, Dolors Arderiu Sabaté, Joan Gómez López, Miquel Padilla Díaz, Fracescs Cerdà Esteve, e Xema Solé Solá;  Jordi Boixadera i Vinos, director xeral da Axencia da Xuventude de Lleida; o presidente da Federación das Casas Rexionais de Lleida, Cosme García i Mir; o presidente da Casa de Aragón, Jesús Monter; a presidenta da Casa de Cantabria, María Eugenia Fenández Puente; ou Alfonso Gutierrez Moreno, membro da Xunta directiva da Casa de Andalucía.

1966 lecturas