O Centro Galego de Lleida celebrou unha nova edición da súa Festa da Matanza do Porco

  • A entidade galega da capital ilerdense celebrará este ano o seu 40 aniversario
    A entidade galega da capital ilerdense celebrará este ano o seu 40 aniversario
  • A entidade galega da capital ilerdense celebrará este ano o seu 40 aniversario
    A entidade galega da capital ilerdense celebrará este ano o seu 40 aniversario
Lleida, 25 de xaneiro de 2017.
Listen to this page using ReadSpeaker

Este pasado domingo o Centro Galego de Lleida celebrou, no local social que a entidade galega posúe no coñecido barrio de Pardinyes da cidade do Segre, a súa xa tradicional Festa da Matanza do Porco.

Esta celebración reuniu a un numeroso grupo de comensais, estando acompañadas e acompañados tamén polos concelleiros e concelleiras do Concello de Lleida Francesc Josép Cerdà Esteve, Dolors López Aguilar, José Luis Osorio Fernández, Antoni Postius Terrado e Montse Parra Alba; o presidente dos Armats de Lleida, José Ángel Comes i Serret; o presidente da Federación de Casas e Centros Rexionais de Lleida, Cosme García i Mir; e representantes da Casa de Andalucía, Casa de Castela e León, Centro de Estremadura e Casa de Aragón, que puideron degustar un xantar baseado en produtos derivados do porco, rematando coa clásica bebida da nosa terra, a Queimada.

O traballo do socio Xosé Domínguez, e a axuda das e dos membros da Xunta Directiva, fixeron que o evento resultara, un ano máis, un éxito.

 

Fonte e fotos: Centro Galego de Lleida

249 lecturas