O Centro Galego de Castellón celebrou o Día de Galicia e o Santiago Apóstolo

Un acto relixioso e un Xantar na nova sede social "O Faiado" centraron as actividades da entidade galega co gallo do Día Grande de Galicia.

  • Xosé Filgueira, presidente do Centro Galego de Castellón, foi o encargado da ofrenda ao Apóstolo
    Xosé Filgueira, presidente do Centro Galego de Castellón, foi o encargado da ofrenda ao Apóstolo
  • Ao Xantar asistiron socios e socias, autoridades municipais e dirixentes doutras casas rexionais da cidade
    Ao Xantar asistiron socios e socias, autoridades municipais e dirixentes doutras casas rexionais da cidade
  • No centro, Juan Alfonso Bataller, alcalde de Castellón e, á súa dereita, o presidente do Centro Galego
    No centro, Juan Alfonso Bataller, alcalde de Castellón e, á súa dereita, o presidente do Centro Galego
  • Momento da actuación do grupo de gaitas Celturia do Centro Galego de Valencia
    Momento da actuación do grupo de gaitas Celturia do Centro Galego de Valencia
  • O crego lucense José A. Morales oficiou a misa, na que se empregaron obxectos litúrxicos de cerámica de Sargadelos
    O crego lucense José A. Morales oficiou a misa, na que se empregaron obxectos litúrxicos de cerámica de Sargadelos
Listen to this page using ReadSpeaker
Castellón de la Plana, 29 de xullo de 2014.

O pasado domingo 27 de xullo o centro Galego de Castellón "O Aturuxo" celebrou a festividade do Día de Galicia e o Santiago Apóstolo coa realización dunha misa na Parroquia de Santo Tomas de Villanueva. Neste acto litúrxico, oficiado polo crego lucense José A. Morales, o grupo de gaitas Celturia do Centro Galego de Valencia foi o encargado da parte musical da celebración, participando tamén no mesmo autoridades municipais e representantes das casas rexionais e socios de socias da entidade galega na capital castellonense. Durante o oficio relixioso a consagración foi realizada con sendas pezas de ceramica de Sargadelos, agasallo do Centro Galego á parroquia, e o presidente do Centro Galego, Xosé Filgueira, encargouse de realizar a ofrenda ao Apóstolo Santiago en nome da institución que dirixe.

Ao remate do acto relixioso, tivo lugar unha recepción oficial na nova sede da entidade  "O Faiado" do complexo Tetuán XIV, que contou coa presenza de Juan Alfonso Bataller Vicent (alcalde de Castellón), diversos concelleiros, dirixentes e raíñas das casas rexionais asentadas na cidade  asi como persoas asociadas, que foron agasallados e agasalladas cun viño galego e posterior Xantar.

986 lecturas