O alcalde de Vilagarcía de Arousa explica ás e aos alumnos franceses as relacións da vila do Salnés coa emigración

A comitiva do colexio Ségalen de Chateaugirón visitou este luns o Concello.

A comitiva, no salón noble do concello. Foto: Faro de Vigo.
A comitiva, no salón noble do concello. Foto: Faro de Vigo.
Listen to this page using ReadSpeaker
Vilagarcía de Arousa, 13 de novembro de 2012.

As e os estudantes franceses da localidade de Chateaugirón que participan nun intercambio educativo con alumnado dos institutos Armando Cotarelo Valledor, Fermín Bouza Brey e Miguel Ángel González Estévez, de Vilagarcía de Arousa, foron recibidos este luns no salón nobre da Casa do concello polo alcalde, Tomás Fole.

O rexedor, acompañado da concelleira de Educación Rocío Llovo, explicou oas alumnos e alumnas e ao seu profesorado as relacións de Vilagarcía coa emigración, que explican a hospitalidade e familiaridade dos vilagarcianos e as vilagarcianas coas e cos visitantes estranxeiros. Como anfitrión, tamén explicou ás e aos estudantes, auxiliado pola tradución ao francés dun dos profesores da comitiva, as características de Vilagarcía e a ría de Arousa, así como os puntos de interese que poden visitar. O acto de recepción oficial no Concello de Vilagarcía finalizou coa entrega de obsequios ás e aos novos visitantes, entre os que figura unha guía turística de Vilagarcía editada en español e en francés.

 

 

Fonte e foto: Faro de Vigo

863 lecturas