Núñez Feijoo e Javier Guerra buscan a internalización das empresas galegas

Asistiron responsables de asociacións de Arxentina, Uruguai, Brasil, Venezuela, México, Estados Unidos, Portugal, Cataluña, Madrid e País Vasco ao encontro en Santiago onde se abordaron os temas económicos.

Listen to this page using ReadSpeaker

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, en compañía do conselleiro de Economía, Javier Guerra, presentaron onte a posta en marcha dun plan específico para facilitar a internacionalización das empresas galegas de materiais de construcción, articulado mediante un convenio de colaboración aprobado polo último consello de dirección do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape).

O encontro, que contou coa participación do presidente da Confederación de Empresarios de Galicia (CEG), Antonio Fontenla, celebrouse nun hotel compostelano con responsables de asociacións de Arxentina, Uruguai, Brasil, Venezuela, México, Estados Unidos ou Portugal, así como de Cataluña, Madrid e País Vasco. Javier Guerra, durante a sua intervención na asamblea xeral da Asociación de Empresarios de Materiales para a Construcción (Asemaco), explicou que este plan prevé establecer unha vía de colaboración co obxecto de desarrollar iniciativas de internacionalización para as empresas dun sector no que se están facendo «particulares esfuerzos para superar la actual coyuntura económica».

O plan está diseñado para desarrollarse nun horizonte temporal de 3 anos (2010-2012) co obxectivo de promover o coñecemento da oferta exportable galega do sector dos materiais da construcción nos mercados internacionais, así como para fomentar e incrementar a utilización dos productos galegos nos mercados que se identifiquen como obxectivo preferente, e ao mesmo tempo potenciar as relacións comerciais entre a industria de materiales da construcción galega e os principais operadores internacionais.

Apoio a un sector estratéxico

Por outra parte, o conselleiro fixo un balance do apoio prestado polo Instituto Galego de Promoción Económica ao sector dos materiais de construcción, que aumentou nun 300% as axudas neste campo en 2009, coas que foi posible a movilización de préstamos por 15,7 millóns de euros, un 690% máis que en 2008.

Ao mesmo tempo, o Igape facilitou a posta en marcha de proxectos e inversións empresariais que suman máis de 16 millóns, o que supón unha subida do 454% con respecto a 2008 e incrementou en un 180% o número de solicitudes aprobadas en 2009.

Ademáis, a Consellería de Economía e Industria, a través do Igape, apoia ás empresas do sector dos materiais de construcción mediante iniciativas de carácter colectivo lideradas por Asemaco, como un proxecto para a elaboración de plans estratéxicos, financiado nun 40%, ou un proxecto orientado á posta en marcha de iniciativas de servicios avanzados, subvencionadas ao 50%, co fin de mellorar a competitividade das empresas pertencentes á organización máis representativa do sector.

1937 lecturas