Novidades Tributarias: obrigas tributarias para as persoas con bens patrimoniais no exterior

Novidades tributarias introducidas pola Lei 7/2012 do 29 de outubro (BOE 30/10/2012) de modificación da normativa tributaria e orzamentaria e da adecuación da normativa financeira para a intensificación das actuacións na prevención e loita contra o fraude.

Santiago de Compostela, 7 de febreiro de 2013.
Listen to this page using ReadSpeaker

 

NOVIDADES TRIBUTARIAS INTRODUCIDAS POLA LEI 7/2012 DO 29 DE OUTUBRO (BOE 30/10/2012) DE MODIFICACIÓN DA NORMATIVA TRIBUTARIA E ORZAMENTARIA E DA ADECUACIÓN DA NORMATIVA FINANCEIRA PARA A INTENSIFICACIÓN DAS ACTUACIÓNS NA PREVENCIÓN E LOITA CONTRA O FRAUDE.

A lei 7/2012 do 29 de outubro, establece que as e os obrigados tributarios deberán informar á Administración Tributaria sobre os seguintes bens e dereitos situados no estranxeiro:

  • Contas en entidades financeiras situadas no estranxeiro.
  • Valores, dereitos, seguros e rendas depositados, xestionados ou obtidos no estranxeiro.
  • Bens inmobles e dereitos sobre bens inmobles situados no estranxeiro.

Importe:
As persoas físicas teñen que informar sobre contas en entidades financeiras, inmobles e accións que teñan no estranxeiro sempre e cando o valor de cada tipo de ben supere os 50.000 €.

Modelo:
Para facer esta declaración debe empregarse o modelo 720 de declaración informativa sobre bens e dereitos situados no estranxeiro. Este modelo aprobase mediante a Orde HAP/72/2013, do 30 de xaneiro, e publicase no Boletín Oficial do Estado do 31/01/2013. 

Esta obriga non supón pagar mais impostos posto que se trata dunha declaración informativa, non obstante a non información sobre eses bens supón a comisión dunha infracción tributaria moi grave que será sancionada con multa.

Obrigados e obrigadas a informar:
Están obrigadas e obrigados a presentar o modelo 720 “declaración informativa de bens e dereitos situados no estranxeiro”:

  • As persoas físicas e xurídicas residentes no territorio español.
  • Os establecementos permanentes en dito territorio de persoas ou entidades non residentes.
  • Entidades nas que se atopen en determinados supostos aos que se refire o artigo 35.4 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, Xeral Tributaria.

Prazo:

  • Para o exercicio 2012: desde o 1 de febreiro ao 30 de abril de 2013
  • Con carácter xeral: dende o 1 de xaneiro ao 31 de marzo do ano seguinte a aquel ao que se refire a información que se debe facilitar.

Modo de declarar: a través de internet


Pode obter máis información na Axencia Estatal da Administración Tributaria de Galicia:

Documentación para descargar:

  • Modelo 720 Declaración bens no exterior (picar aquí para descargar)
  • Lei 7/2012 do 29 de outubro (BOE 30/10/2012) de modificación da normativa tributaria e orzamentaria e da adecuación da normativa financeira para a intensificación das actuacións na prevención e loita contra o fraude (picar aquí para descargar)

 

2783 lecturas